Últimos días para que a cidadanía de Tomiño e Cerveira escolla os novos proxectos do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2019
5 Decembro, 2018A cidadanía de Cerveira e Tomiño elixe actividades comúns para nenos e nenas como gañadoras do OPT 2019
18 Decembro, 2018Cerveira e Tomiño traballan para mellorar a súa colaboración no sector turístico
Vila Nova de Cerveira e Tomiño seguen a estreitar lazos en distintos ámbitos. Nesta ocasión ambos os dous municipios están a traballar na redacción dunha axenda de coñecemento, divulgación e promoción da competitividade do sector. Técnicos municipais de turismo, desenvolvemento local e cooperación transfronteiriza; representantes do empresariado local; asociacións cívicas, comerciais e culturais e representantes de institucións que conforman a Eurocidade celebraron varias reunións de traballo con diferentes actores turísticos para tratar as distintas problemáticas do sector turístico baixo un enfoque transfronteirizo, buscando avanzar nunha diagnose común en termos de relevancia, potencialidades e necesidades do turismo no territorio.
Fortalezas e debilidades
Nestas reunións os distintos actores destacaron o río Miño, a singularidade fronteiriza e actividade no sector agrario, cos viveiros e adegas que desenvolven a súa actividade na comarca, como principais valores territoriais da Eurocidade para o turismo, elementos a fortalecer e destacar para achegar á cidadanía un programa turístico transfronteirizo. Pola súa banda, a mobilidade e o transporte, así como a colaboración e promoción turística conxunta, son aspectos fundamentais que cren que se deben de mellorar.
Todos estes temas serán abordados nas Xornadas de Turismo que se celebrarán a principios do vindeiro ano 2019 en Vila Nova de Cerveira, nas que se afondará nas necesidades a abordar e nos aspectos identificativos a potenciar para mellorar a dinamización do sector turístico na Eurocidade Cerveira-Tomiño. O obxectivo é promover un maior coñecemento sobre o sector do turismo local e dinamizar o potencial económico da Eurocidade.
Os encontros foron dinamizados pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (FCEER), constituída polas universidades da Coruña, Minho, Porto, Santiago de Compostela, Trás-os-Montes e Alto Douro e Vigo, e contan coa colaboración do Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC).
Esta proposta enmárcase na Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, cofinanciada ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP a través de fondos FEDER da Unión Europea.