Inaugurada exposição itinerante dos 24 projetos do Concurso Internacional de Ideias para a Ponte Pedonal Cerveira-Tomiño
20 Abril, 2018Projetos para construção da ponte pedonal e ciclável Cerveira-Tomiño expostos na Biblioteca Municipal
24 Maio, 2018O mercado municipal acolle até o día 21 a exposición sobre o concurso da ponte peonil entre Tomiño e Cerveira
A exposición sobre os traballos presentados ao Concurso Internacional de Ideas para a Construción da Nova Ponte Peonil entre os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, vén de chegar a Tomiño, procedente de Pontevedra.
Até o vindeiro día 21 de maio, poderanse contemplar no primeiro andar do Mercado Municipal de Tomiño, os 24 proxectos admitidos ao certame, entre os que destacan as tres propostas finalistas: ‘Raia’, de Álvaro Siza e Jorge Amorim Nunes da Silva; ‘Caminho do rio,’ de Javier Zubia e Paula Teles; e ‘Una línea sobre el Miño’, das sociedades Burgos & Garrido e Bernabeu Ingenieros.
O deputado de Cooperación Transfronteiriza e concelleiro tomiñés, Uxío Benítez, salienta “o alto nivel e a diversidade de países que participaron neste concurso internacional, polo que pensamos que era necesario difundir os tres proxectos gañadores, pero tamén todos os que foron admitidos a concurso”.
A exposición, de carácter itinerante, que visitará proximamente a Câmara de Vilanova de Cerveira, espertou xa grande interese entre o público, e institucións coma o Colexio de Enxeñeiros de Camiños de Galicia, xa solicitaron poder contar con ela.
Proxecto Visit Río Miño
O concurso internacional de ideas foi posible grazas a estar incluído dentro do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza “Visit Rio Minho”, cofinanciado polo Interreg, e que ten coma obxectivo a posta en valor dos recursos endóxenos do río. Segundo Benítez, a idea é crear un parque transfronteirizo, un espazo urbano de xestión común entre os dous concellos, unha idea innovadora, que está sendo moi ben valorada por todos os estamentos.
Agora comeza a segunda fase, consistente nun procedemento negociado para a contratación dun proxecto básico, “que se agarda que se resolva á altura do verán”, de xeito que o proxecto final poida estar listo este mesmo ano. Benítez indicou que ao logo de 2019 “será necesario obter as autorizacións e informes sectoriais precisas e así concluirá o proceso incluído dentro do proxecto”, advertindo que será un proceso complexo “porque afecta a unha zona moi sensible e a dous países, e polo mesmo, serán moitas as institucións que teñan que emitir informes”.