logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Projeto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Agenda Estratégica
    • Parque da Amizade
    • Documentação
    • About us
  • Participação
    • OPT
    • Provedoras
  • Serviços
    • Serviços partilhados
    • Atividades
    • Agendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economia
  • Notícias
  • Contacto
Português
  • Galego
✕
A Eurocidade Cerveira Tomiño presenta en Hungría a evolución das súa cooperación transfronteiriza entre Galicia e Portugal
Evolução das relações transfronteiriças em destaque no II Meeting Internacional do Bridge, na Hungria
31 Março, 2022
THE SECOND EVENT OF BRIDGE PROJECT
The second event of Bridge Project
18 Abril, 2022

O río Miño transfronteirizo actuará como un ‘lobby’ para captar fondos europeos

5 Abril, 2022
O río Miño transfronteirizo actuará como un 'lobby' para captar fondos europeos

A Eurocidade Cerveira-Tomiño, AECT Rio Minho, CIM Alto Minho e representantes dos concellos das dúas beiras do Miño transfronteirizo e dos Ministerios de Facenda e Reto Demográfico participaron nunha xornada de traballo en Tui organizada pola Deputación de Pontevedra para preparar os proxectos do río Miño con cargo ao Marco Financeiro Europeo 21-27. Un encontro no que se afondou sobre as necesidades e posibles novos proxectos para inxectar fondos europeos no territorio miñoto, toda vez que nestes momentos é de vital importancia reactivar economicamente a zona transfronteiriza do Miño tras o impacto dobre da pandemia da COVID polo peche de fronteiras, segundo explicou o deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez.

Entre outras presentacións, celebrouse unha mesa redonda sobre as oportunidades de financiamento europeo na que participou o presidente da cámara municipal de Cerveira, Rui Teixeira, quen defendeu “máis recursos financeiros para os territorios de fronteira” e identificou un conxunto de proxectos estruturantes no territorio para o período 2021-2027, a Rede de Eurocidades do Rio Miño e a descarbonización do territorio, así como a recualificación do rio Miño internacional.

Nesa mesa tamén participaron o subdirector xeral da Subdirección Xeral de Cooperación Territorial Europea da Dirección Xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda, Adrián Vecino, e o asesor do gabinete da Secretaría Xeral para o Reto Demográfico do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Miguel Ángel Pérez Grande. O encontro foi pechado polo presidente da CIM Alto Minho e rexedor de Melgaço, Manoel Batista, e pola presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Proxectos

Entre os proxectos que se trataron destacou a creación do Anel Verde do Miño, unha rede de sendeiros que unidos conforman circuíto continuo de 196 quilómetros polas ribeiras do río entre Galiza e Portugal, que será un dos obxectivos prioritarios e estratéxicos na solicitude de fondos europeos para o territorio transfronteirizo do Miño no marco financeiro 2021-2027. A proposta de longo percorrido pretende servir como artellador do territorio tanto a nivel de mobilidade como de turismo sustentable e saudable.

 

Related posts

28 Dezembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño tem novas Provedoras Transfronteiriças


Read more
19 Dezembro, 2022

Cerca de 900 jovens elegem a organização de jogos e actividades musicais transfronteiriças para o 2023


Read more
A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas
16 Dezembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño lança um inquérito para conhecer a opinião da vizinhança sobre questões transfronteiriças.


Read more


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Português
  • Português
  • Galego