A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa con éxito de participación os Roteiros do Miño
30 Agosto, 2021A Eurocidade Cerveira-Tomiño cumpre 3 anos promovendo a cooperación entre ambas beiras do Miño
4 Outubro, 2021Os Roteiros do Miño continúan este domingo coa Ruta do Vale das Donas
A ruta, de 8km de percorrido e dificultade media, percorrerá a ribeira do Real pasando por un peculiar bosque ripícola
A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa coa súa xeira de Roteiros do Miño 2021, un proxecto que pretende dar a coñecer “camiñando” a riqueza existente a ambas beiras do Miño a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural. O pasado sábado 4 de setembro tivo lugar a Ruta nocturna do Cervo ao Niño do Corvo, unha andaina transfronteiriza que acadou novamente un notable éxito, participando 30 persoas e completando as inscricións.
O vindeiro domingo 12 de setembro terá lugar o seguinte roteiro. Será a Ruta do Vale das Donas, que partirá da freguesía de Sopo en Vila Nova de Cerveira ás 9:00 horas (hora portuguesa). Trátase dun percorrido de dificultade media, con aproximadamente 8 quilómetros de percorrido, que percorrerá a ribeira do Real pasando por un peculiar bosque ripícola.
Ademais da Ruta do Vale das Donas, os Roteiros do Miño 2021 contarán aínda con tres citas máis: O domingo 26 de setembro desenvolverase a Ruta da Pedra Furada (9:30 horas, hora galega), o domingo 10 de outubro a Ruta do Alto da Pena (9:00 horas, hora portuguesa) e o sábado 23 de outubro a Ruta das Fontes (9:30 horas, hora galega).
Para poder participar en calquera destas rutas é preciso reservar praza enviando un correo electrónico a roteirosminho@gmail.com cos seguintes datos: nome, data de nacemento, teléfono de contacto e correo electrónico.