Servizos
Compartidos

Servizos
Compartidos

Compartir os equipamentos e servizos de uso colectivo actuais e próximos buscando a complementariedade e ofrecendo un amplo abano de posibilidades á cidadanía de Cerveira e Tomiño. Ese é un dos obxectivos da cooperación transfronteiriza entre ambos os dous municipios, co que se trata de dar á poboación unha oferta máis eficiente ao tempo que se constitúe como un mecanismo de promoción da cohesión social. Nestes momentos os principais servizos compartidos son o programa 'Deporte para todas as persoas', con actividades deportivas en ambos os dous concellos; a piscina municipal, situada en Vila Nova de Cerveira; e a Escola Municipal de Música, ubicada en Goián (Tomiño).

Piscina

Construída nos anos 90, a piscina municipal de Vila Nova de Cerveira afrontou unha profunda reforma en 2015 creando un complexo deportivo cun moderno deseño que da cabida a dúas piscinas, unha para adultos e outra para nenos. Unha importante reforma de estrutura, equipamentos e servizos coa que se mellorou notablemente a eficiencia enerxética, garantiuse a accesibilidade para todos e reforzouse o carácter transfronteirizo destas novas instalacións.

Conta con Escola de Natación e tanques de aprendizaxe para os niveis de natación libre, bebés, adaptación ao medio e hidroximnástica. O 60% dos preto de 2.000 usuarios desta piscina son galegos, boa parte deles de Tomiño.

A posta en marcha deste servizo compartido non soamente serve para facer desaparecer a fronteira senón tamén para completar a oferta de equipamentos e servizos de ambos concellos sen duplicalos, racionalizando gastos e necesidades públicas.

Horario de apertura:

De luns a venres de 08.30 a 14.00 e de 15.30 a 22.15 h (hora galega)

Sábados de 09.45 a 14.15 e de 15.45 a 20.00 horas (hora galega)

Inscricións:

Teléfonos: +351 251 708 025 / +351 251 708 020

Dirección: Avenida de Tomiño 4920-266, Vila Nova de Cerveira (Portugal)

A Escola Municipal de Música de Tomiño ten as súas instalacións no recentemente remodelado auditorio de Goián, adaptado para poder prestar este servizo a todos os tomiñeses e tomiñesas pero tamén a toda a cidadanía de Cerveira.

O aumento das aulas e a reestruturación dos espazos para a Escola de Música complétase cunha biblioteca-fonoteca, cunha aula de ensaio de uso múltiple e cun local de ensaio para a agrupación musical.

A Escola de Música conta coa seguinte oferta educativa:

- Xardín musical (a partir de 3 anos)
- Música e movemento
- Linguaxe musical
- Solfexo para adultos
- Violoncello
- Percusión
- Vento madeira: oboe, frauta, clarinete, saxofón e fagot
- Vento metal: trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba

Máis información no propio auditorio, a través do enderezo electrónico bandagoian@yahoo.es ou chamando ao teléfono 626 799 623.

Coñece máis sobre o proxecto PLAY2GROW no que participa a Escola de Música

Escola Municipal de Música

Deporte para todas as persoas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño promoveu nos anos 2018 e 2019 un programa de actividades deportivas gratuítas, unha oferta que se leva a cabo en instalacións municipais de ambos os dous concellos ao longo de todo o ano e na que xa participaron máis de 400 persoas.

A oferta deportiva deste programa completouse coa realización de outras actividades ao longo do ano. Así, por exemplo, celebráronse dúas andainas saúdables, con percorridos de dificultade media por espazos das dúas localidades, ou unha xornada con xogos deportivos e tradicionais, unha pequena ruta a pé por distintas zonas e aula de pilates.

Os municipios de Tomiño e Vila Nova de Cerveira dispoñen dun sistema de estacionamento gratuíto común, co que tratan de potenciar a mobilidade da cidadanía. O obxectivo é conseguir unha maior rotatividade na zona histórica do concello portugués e no casco urbán da vila galega, facilitando o estacionamento puntual dos condutores e promovendo o tecido comercial existente.

Os discos contan cos logos identificativos dos dous concellos limítrofes, palabras comúns ás dúas linguas e coa mesma franxa horaria: entre unha hora e hora e media de estacionamento gratuíto como máximo.

Con este servizo compartido preténdese estreitar os lazos de cooperación existentes entre Cerveira e Tomiño e contribuír ao crecemento do comercio local, fomentando unha maior mobilidade de vehículos e persoas nas rúas céntricas.

Disco azul

Piscina

Construída nos anos 90, a piscina municipal de Vila Nova de Cerveira afrontou unha profunda reforma en 2015 creando un complexo deportivo cun moderno deseño que da cabida a dúas piscinas, unha para adultos e outra para nenos. Unha importante reforma de estrutura, equipamentos e servizos coa que se mellorou notablemente a eficiencia enerxética, garantiuse a accesibilidade para todos e reforzouse o carácter transfronteirizo destas novas instalacións.

Conta con Escola de Natación e tanques de aprendizaxe para os niveis de natación libre, bebés, adaptación ao medio e hidroximnástica. O 60% dos preto de 2.000 usuarios desta piscina son galegos, boa parte deles de Tomiño.

A posta en marcha deste servizo compartido non soamente serve para facer desaparecer a fronteira senón tamén para completar a oferta de equipamentos e servizos de ambos concellos sen duplicalos, racionalizando gastos e necesidades públicas.

Horario de apertura:

De luns a venres de 09.00 a 14.00 e de 15.30 a 22.00 h (hora galega)

Sábados de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas (hora galega)

Inscricións:

Teléfonos: +351 251 708 025 / +351 251 708 020

Dirección: Avenida de Tomiño 4920-266, Vila Nova de Cerveira (Portugal)

Escola Municipal de Música

A Escola Municipal de Música de Tomiño ten as súas instalacións no recentemente remodelado auditorio de Goián, adaptado para poder prestar este servizo a todos os tomiñeses e tomiñesas pero tamén a toda a cidadanía de Cerveira.

O aumento das aulas e a reestruturación dos espazos para a Escola de Música complétase cunha biblioteca-fonoteca, cunha aula de ensaio de uso múltiple e cun local de ensaio para a agrupación musical.

A Escola de Música conta coa seguinte oferta educativa:

- Xardín musical (a partir de 3 anos)
- Música e movemento
- Linguaxe musical
- Solfexo para adultos
- Violoncello
- Percusión
- Vento madeira: oboe, frauta, clarinete, saxofón e fagot
- Vento metal: trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba

Máis información no propio auditorio, a través do enderezo electrónico bandagoian@yahoo.es ou chamando ao teléfono 626 799 623.

Deporte para todas as persoas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño promoveu en 2018 e 2019 un programa de actividades deportivas gratuítas, unha oferta que se levou a cabo en instalacións municipais de ambos os dous concellos ao longo de todo o ano e na que participaron arredor de 400 persoas dos dous municipios. O obxectivo deste programa é promocionar da práctica de exercicio físico e de prácticas saudables entre os veciños e veciñas das dúas marxes do río.

O programa completouse coa realización doutro tipo de actividades: dúas andainas saudables na que as persoas participantes fixeron un percorrido a pé por distintos espazos das dúas localidades e unha xornada deportiva con xogos tradicionais, andaina e aula de pilates./p>