
A Eurocidade celebra o éxito da inclusión e da convivencia transfronteiriza nos ‘Olympics4All’
18 Decembro, 2024
Promovendo o deporte sen barreiras, cerca de 150 atletas portugueses e españois participan este sábado na I Carreira de Reis – Trofeo Ponte da Amizade
9 Xaneiro, 2025Tomiño e Cerveira organizan unha proba de atletismo de 10 quilómetros


As inscricións estarán abertas ata o día 8 de xaneiro ás 23.59 horas (hora portuguesa)
A Eurocidade Cerveira-Tomiño, en colaboración coa Pedal’Arte de Vila Nova de Cerveira e a Sociedade Atlética do Trega de Tomiño, organiza o vindeiro sábado 11 de xaneiro, a Corrida de Reis-Troféu Ponte da Amizade, outro evento que liga ambas vilas irmás a través do deporte.
Trátase dunha proba de atletismo de 10 quilómetros destinada a atletas federados e non federados, que cumpran 18 anos até ao día do evento.
A partida será ás 19h00 (hora portuguesa) desde a Praza do Seixo en Tomiño e a meta, a Praza da Liberdade en Vila Nova de Cerveira.
As persoas que desexen participar poden inscribirse ata o día mércores 8 de xaneiro ás 23:59 h (hora portuguesa). Entrando no seguinte enlace: https://sinctime.com/evento/307.



