logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Aprovada candidatura de meio milhão de euros para potenciar cooperação transfronteiriça Cerveira-Tomiño
16 Maio, 2017
Cerveira-Tomiño apresentados como exemplo de mobilidade sustentável em cooperação transfronteiriça
7 Xuño, 2017

Tomiño e Cerveira recibirán financiamento do programa Interreg VA-Poctep

5 Xuño, 2017

Os concellos fronteirizos obteron, concretamente,  376. 538,0 euros  de fondos FEDER, un 75 % do orzamento  total do proxecto presentado, dos que  251.970 euros corresponden  ao concello de Tomiño e 124.567 euros ao de Cerveira.

Nas vindeiras semanas presentarase o Valedor da Cidadanía Transfronteiriza e a nova metodoloxía de participación popular na elaboración do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT).

Os concellos fronteirizos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño contarán con máis de 370.000 euros de fondos europeos (Programa Interreg VA-Poctep), para poder facer realidade as accións incluídas na Axenda Estratéxica de Cooperación, que levan adiante conxuntamente desde hai máis dun ano.

Accións coma, por exemplo, o partillamento conxunto de servizos e equipamentos; a promoción conxunta de programas de dinamización cultural e social , os programas de creación de cidadanía participativa, e a promoción económica dos recursos endóxenos da zona,  coa colaboración dos parceiros sociais e económicosde unha e outra marxe do río Miño.

Este apoio financeiro europeo  será complementado cun 25% máis de fondos achegados  por ambos municipios para facer fronte ao custe das accións.

Obxectivos xerais

O proxecto aprobado  pola UE ten coma obxectivos xerais a “integración de políticas de protección dosrecursos naturais, de desenvolvemento económico sustentable e de cohesión social no espazo transfronteirizo do Miño, a través da cooperación  intelixente entre as administracións, os axentes públicos e privados, e da participación pública”.

Este apoio financieiro supón un notable impulso ao traballo conxunto realizado desde as alcaldías de Tomiño e Cerveira, que desde a aprobación da Carta da Amizade no ano 2014, están a realizar iniciativas de coordinación e programación comúns, para conseguir unha xestión compartida de servizos locais, a dinamización da economía local transfronteiriza e capacitación da cidadanía, baixo o lema Amizade Cerveira-Tomiño,  que busca fortalecer a cooperación existente entre ambos municipios,  nos mencionados ámbitos de traballo.

No ano 2015 ambos concellos promoveron a Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza, que fixa a colaboración mutua en base a catro eixos orientados a conseguir o desenvolvemento económico, a atención aos veciños e veciñas desde servizos compartidos (piscina, escola de música, etc.), e máis o estímulo da participación cidadán no deseño de proxectos comúns, co fin de crear unha identidade que teña como eixo vertebrador o río Miño , baixo o lema  o río que nos une.

Accións

Entre as accións que se financiarán cos fondos conseguidos estarán as destinadas á promoción da oferta turística e empresarial dos dous concellos; aumento do coñecemento mutuo en termos socio-culturais e económicos; creación de redes de cooperación entre  entidades de ambos os concellos; planificación estratéxica, xestión e información partillada de servizos e infraestruturas públicas, e dinamización de mecanismos de participación pública e promoción da cidadanía.

Asemade, os eixes transversais que rexerán as accións a desenvolver son:

Eixe 1. O río Miño un recurso común a potenciar

Eixe 2. Mobilidade transfronteiriza e desenvolvemento territorial sustentábel

Eixe 3. Xestión partillada dos servizos e equipamentos públicos locais

Eixe 4. Desenvolvemento económico desde a cooperación intelixente

Por outra banda, na reunión co Consello Xeral de Estratexia, celebrado o pasado xoves, con presenza dos alcaldes de Cerveira e Tomiño, decidiuse facer o vindeiro 23 de xuño, a presentación do Valedor da Cidadanía Transfronteiriza (un por cada municipio), así coma da nova metodoloxía de participación popular que se aplicará na elaboración do OPT (Orzamento Participativo Transfronteirizo) 2018, co fin de conseguir unha maior implicación da cidadanía.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego