logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Programa de actividades infantis Móvete nas vacacións
Este verán os nenos e nenas de Tomiño 
e Cerveira moveranse coa Eurocidade
17 Xuño, 2019
As valedoras de Cerveira e Tomiño, finalistas do premio de “Boa práctica en participación cidadá 2019”
9 Xullo, 2019

Toñi Vicente cociñará no Mercado Municipal de Tomiño

27 Xuño, 2019

Nova iniciativa da Eurocidade Cerveira-Tomiño para promocionar os atractivos turísticos das dúas localidades

 

Toñi Vicente cociñará no Mercado Municipal de TomiñoA recoñecida restauradora tomiñesa Toñi Vicente, unha das pioneiras da nova cociña galega, será a protagonista dunha especial demostración culinaria, organizada pola Eurocidade Cerveira-Tomiño.

O Mercado Municipal de Tomiño acollerá a actividade o vindeiro 4 de xullo, de 12.00 a 13.30 horas, e sorteará 25 convites para degustar os pratos preparados pola prestixiosa cociñeira.

Distinguida cunha Estrela Michelin no restaurante Síbaris de Vigo (anos ’80) e posteriormente con outra no restaurante Toñi Vicente, de Santiago de Compostela, a gran chef galega obtivo tamén o Premio Challenge Européen de la Gastronomie.

Promoción dos recursos e activos turísticos

Para dar continuidade á positiva experiencia da Xornada sobre o Turismo no Contexto Transfronteirizo, celebrada o pasado mes de xaneiro, a Eurocidade Cerveira-Tomiño promove con esta demostración unha nova iniciativa na que dar a coñecer de primeira man os seus recursos e activos turísticos.

A actividade pretende promocionar o Mercado Municipal de Tomiño, o primeiro en ser distinguido pola Xunta de Galicia como Mercado de Excelencia, e convidado á 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos, celebrada en Londres nas pasadas semanas.

Na demostración culinaria participarán tamén operadores turísticos e axentes culturais galegos e portugueses convidados pola Eurocidade, que coñecerán previamente as posibilidades de navegación do río Minho, entre os espazos do futuro Parque da Amizade, constituído polo actual Parque do Castelinho (Cerveira) e Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño). Con ese obxectivo presentaránselles os barcos de paseo que operan habitualmente desde o embarcadoiro de recreo de Cerveira, e tamén os barcos do Club Sen Amarras, que permiten a navegación inclusiva desde o pantalán adaptado da praia de Goián.

 

Novas relacionadas

A Eurocidade colabora no proxecto "As fronteiras do século XXI" da Universidade de Vigo
18 Xullo, 2022

A Eurocidade colabora no proxecto “As fronteiras do século XXI” da Universidade de Vigo


Ler máis
Representantes da Eurocidade presentaron en Bulgaria e Serbia iniciativas en defensa do medio ambiente
13 Xullo, 2022

Representantes da Eurocidade presentaron en Bulgaria e Serbia iniciativas en defensa do medio ambiente


Ler máis
Xa podes usar as bicicletas eléctricas do E-Bike Rio Minho en Cerveira e Tomiño
11 Xullo, 2022

Xa podes usar as bicicletas eléctricas do E-Bike Rio Minho en Cerveira e Tomiño


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego