Tomiño e Cerveira dan un paso máis na súa historia de cooperación transfronteiriza, constituíndose en Eurocidade
5 Outubro, 2018A piscina municipal de Cerveira amplía o horario para dar resposta á demanda dos clientes tomiñeses
15 Outubro, 2018Últimos días para enviar novas propostas para o Orzamento Participativo Transfronteirizo 2019
Aínda está aberto o prazo de presentación de propostas para a terceira edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT), que busca potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía que conforma a Eurocidade Cerveira-Tomiño. Ata o vindeiro 22 de outubro todas as persoas ou colectivos, públicos e privados, con dirección social ou fiscal nestes dous concellos poden presentar as súas propostas para os proxectos que se desenvolvan en 2019.
A través da propia web do OPT todas as persoas interesadas poden enviar as súas ideas enchendo un formulario de recollida no que se debe de especificar cales son os seus impulsores en Cerveira e Tomiño, describir os obxectivos e especificar as accións. En caso de non ser posible enviar o formulario os interesados poden remitir a súa proposta con todos os datos necesarios a info@participacerveiratomino.euou pedir axuda telefónica ao 986 184 598 de 08.00 a 15.00 horas.
Prazos
Unha vez que se peche o prazo de recepción de recollidas de propostas o vindeiro 22 de outubro abrirase un período de análise técnica. Tras as reclamacións, as votacións abriranse ao público dende o vindeiro 8 de novembro ata o 16 de decembro. Os dous proxectos gañadores contarán cun orzamento de 10.000 euros cada un para o desenvolvemento do proxecto ao longo de 2019.
As dúas primeiras edicións do Orzamento Participativo Transfronteirizo amosan o interese crecente da cidadanía por involucrarse na participación pública e na toma de decisións sobre os servizos e actividades que precisa a poboación de ambos os dous concellos. Por este motivo, nos dous últimos anos o nivel de implicación aumentou de xeito exponencial, acadando case as 2.000 votacións na última edición.
O OPT é unha iniciativa pioneira na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal incluída na Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea, que impulsa tamén iniciativas como a da Valedora da cidadanía transfronteiriza, ademais de diversas accións para facilitar o uso compartido de servizos e a dinamización económica do territorio.