logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Nais e pais de Cerveira e Tomiño planifican xuntos actividades lúdico-educativas para os meses de xullo e outubro
Nais e pais de Cerveira e Tomiño planifican xuntos actividades lúdico-educativas para os meses de xullo e outubro
27 Febreiro, 2019
Workshop sobre oportunidades de formación e emprego na Eurocidade Cerveira-Tomiño, durante a Mostra de Cultivos do Baixo Miño
A primeira Misión Comercial Inversa da contorna, presentada na 16ª Mostra de Cultivos
18 Marzo, 2019

A Eurocidade achegará unha visión transfronteiriza á 16ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño

7 Marzo, 2019
Programa Transfronteirizo Galiza-Norte de Portugal

Programa Transfronteirizo Galiza-Norte de Portugal

En colaboración con acuBam, desenvolverá un workshop centrado nas oportunidades de formación e emprego a ambas beiras do río Miño e unha xornada técnica sobre o agro como motor de desenvolvemento no territorio transfronteirizo 

A Eurocidade Cerveira-Tomiño contará cun stand propio na Mostra, onde tamén se presentará a misión comercial inversa que se está a organizar para facilitar as relacións comerciais con empresas do sector agrícola do Baixo Miño e do norte de Portugal

 

Fomentar a dinamización económica transfronteiriza e as relacións comerciais entre o Baixo Miño e o norte de Portugal. Eses son os obxectivos cos que a Eurocidade Cerveira-Tomiño participará na 16ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño, organizada por acuBam e o Concello de Tomiño e que os vindeiros 15, 16 e 17 de marzo encherá o pavillón de Goián dunha ampla programación e con actividades de contido específico transfronteirizo que contarán coa participación de entidades, empresas, centros educativos, docentes, asociacións profesionais e público tanto galego como portugués.

Dentro do programa transfronteirizo que se celebrará no marco da Mostra destaca o workshop ‘Oportunidades de formación e emprego no agro’ e que servirá para facer unha diagnose das necesidades formativas do sector, así como para informar ás empresas das modalidades formativas xa existentes a ambas beiras do Miño e promover fórmulas estables de colaboración entre empresas, centros educativos e docentes a través de intercambios, prácticas en empresas, visitas… Nesta actividade, na que participarán empresas e centros educativos de Galicia e do norte de Portugal, tamén se presentará a Bolsa de emprego agraria transfronteiriza promovida por acuBam.

Este workshop celebrarase o venres 15 de marzo de 10.00 a 12.00 h no pavillón de Goián.

Entre os partipantes nesta actividades estarán representantes e socios da Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam); da Associação para o Desenvolvimento Local, Rural, Agrícola, Florestal e Ambiental de Cerveira; da Associação Portuguesa de Produtores de Plantas e Flores Naturais; profesorado do Instituto de Ensino Secundario Antón Alonso Ríos de Tomiño e da Escola Superior Agrária Ponte de Lima; empresas do sector agrario, administracións e persoas relacionadas coa actividade económica e empresarial. 

O agro como motor de desenvolvemento sostible transfronteirizo

Será tamén o venres 15 cando se presente ao público a Misión comercial internacional na que xa se está a traballar co obxectivo de facilitar a materialización de relacións comerciais de empresas europeas con empresas do sector agrícola do Baixo Miño e do norte de Portugal. Con esta iniciativa procúrase dar a coñecer a relevancia do sector máis alá das fronteiras e facilitar ás empresas galegas e portuguesas a ampliación dos seus mercados.

Nesta presentación, que se celebrará ás 12.15 h, participarán Patricia Rodríguez, presidenta de acuBam; Pedro Taborda, da Associação Portuguesa de Produtores de Plantas e Flores Naturais (APPPFN); e Pedro Soares, da Associação para o Desenvolvimento Local, Rural, Agrícola, Florestal e Ambiental (ARA-Cerveira).

A programación transfronteiriza completarase coa xornada técnica sobre ‘O agro como motor de desenvolvemento sostible no territorio transfronteirizo Baixo Miño (Galicia)-Norte de Portugal’. Nesta xornada, que se celebrará o sábado 16 de marzo a partir das 11.00 h, a subdirectora da Escola Superior Agrária de Ponte de Lima, Susana Mendes, presentará as conclusións do workshop sobre formación e emprego no agro celebrado o día anterior.

Novas relacionadas

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade
21 Setembro, 2023

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade


Ler máis
Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica
19 Setembro, 2023

Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica


Ler máis
21 Agosto, 2023

Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego