A Eurocidade Cerveira-Tomiño promove o debate sobre a igualdade social
7 Outubro, 2022A mocidade protagonizará a nova edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo
27 Outubro, 2022A Eurocidade Cerveira-Tomiño aborda as dificultades na mobilidade transfronteiriza de menores na EU Regions Week
Afondamos na experiencia de participación no programa B-Solutions no maior encontro anual dedicado á cohesión política das rexións e cidades de toda Europa
A Eurocidade Cerveira-Tomiño comparte a súa experiencia transfronteiriza con rexións e cidades europeas. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, participou este xoves representando á Eurocidade na European Week of Regions 2022 (EU Regions Week), o maior encontro anual dedicado a cohesión política que durante tres días reuniu de forma presencial e telemática a autoridades e persoal técnico de toda Europa.
A rexedora foi unha das relatoras invitadas ao taller dedicado á iniciativa B-Solutions, coa que a Comisión Europea e a Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) apoian aos axentes locais para identificar e aplicar solucións viables para superar os numerosos obstáculos que dificultan e fan máis complexa a vida diaria nas rexións transfronteirizas. González foi convidada a este evento para expoñer a súa experiencia como participante no programa B-Solutions a raíz dun informe elaborado polas valedoras da cidadanía transfronteiriza da Eurocidade Cerveira-Tomiño co obxectivo de dar visibilidade a toda a problemática que rodea a mobilidade de menores entre ambos municipios para realizar intercambios educativos, deportivos ou culturais cando non van acompañados dos seus pais, nais ou titores e titoras legais.
Para Sandra González “a iniciativa B-Solutions foi un instrumento rápido e útil para concretar a situación legal deste obstáculos e as súas posibles vías de solución”, aínda que cre que “a resposta dos estados continúa sendo demasiado lenta”. O asunto foi trasladado xa no ano 2019 a un cumio dos gobernos español e portugués, pero dende entón non houbo ningunha novidade nin pasos adiante neste ámbito.
Un taller con achegas de toda Europa
Este taller internacional celebrouse ao abeiro da XX Semana Europea das Rexións e Cidades, que nesta edición centrou o debate en catro temas principais: a transición verde, o empoderamento da mocidade, a cohesión territorial e a transición dixital. Tras unha introdución por parte da experta e moderadora Caitriona Mullan, a alcaldesa tomiñesa compartiu a súa visión sobre as dificultades existentes na rexión transfronteiriza formada por Tomiño e Cerveira e sobre como a iniciativa B-Solutions pode ser unha ferramenta relevante para afrontalas.
Tras González, Ricardo Ferreira, do Punto Focal de Fronteiras en DG REGIO da Comisión Europea, presentou o contexto político que rodea o programa B-Solutions e os seus resultados e deu paso a Martín Guillermo, secretario xeral da ARFE, que presentou os efectos prácticos da iniciativa e a convocatoria de proposta aberta nestes intres. A directora de proxectos da AECT GO, de Nova Gorica, en Eslovenia, Lara Devetak, achegou exemplos concretos doutros casos B-Solutions implementados. Para rematar, Jan Molzberger, asistente científico da Universidade de ciencias Aplicadas de Kehl, puxo a todo o público asistente ao día sobre a aplicación deste programa nunha solución europea para o control da contaminación atmosférica entre Francia e Alemaña.