logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Solicítase unha liña específica de apoio aos concellos transfronteirizos
Solicítase unha liña específica de apoio aos concellos transfronteirizos
15 Xuño, 2020
A Eurocidade Cerveira-Tomiño, seleccionada para a campaña de comunicación #EUinmyregion
A Eurocidade Cerveira-Tomiño, seleccionada para a campaña de comunicación #EUinmyregion
29 Xuño, 2020

A Eurocidade Cerveira-Tomiño e a AECT Rio Minho reclaman un plan de recuperación específico para o territorio transfronteirizo

19 Xuño, 2020
A Eurocidade Cerveira-Tomiño e a AECT Rio Minho reclaman un plan de recuperación específico para o territorio transfronteirizo

Analizan en Tomiño as prioridades e propostas para presentar aos Estados, á Dirección Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia e á Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Proporase a creación dunha tarxeta cidadá transfronteiriza para simplificar trámites e mobilidade

 

Os plans de recuperación posCOVID19 deben ter unha liña de apoio específica para os concellos limítrofes coa fronteira Portugal-España, xa que neles dáse un dobre impacto negativo: ao derivado da COVID19, como no resto do territorio, súmase a penalización provocada pola restauración das fronteiras. Esta é a principal conclusión da xornada de traballo mantida hoxe en Tomiño para analizar medidas de recuperación e impulso á cooperación transfronteiriza tras a crise da COVID 19, coa participación da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o director da AECT Rio Minho, Uxío Benítez, o vicedirector desta entidade, tamén presidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, xunto con directivos da AECT Galicia-Norte de Portugal e máis o Director  Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesus Gamallo.

Os responsables dos concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira enfatizaron a necesidade de que as autoridades españolas e portuguesas acorden esa liña específica de apoio aos territorios de fronteira na próxima cimeira hispano-lusa.

Neste sentido, tanto Sandra González como Fernando Nogueira lembraron a importancia de recoñecer a singularidade da realidade educativa, socioeconómica, cultural e comercial das Eurocidades, tras “o esforzo realizado nos últimos anos para non duplicar servizos, atendendo a criterios de eficiencia e aos principios promovidos desde a Unión Europea”, o que se víu gravemente comprometido por un peche de fronteiras que ignorou estas situacións particulares.

Impulso dun Investimento Territorial Integrado

Desde a AECT Rio Minho, que engloba os 26 concellos do territorio de fronteira galego portugués do Alto e Baixo Miño, con máis de 370.000 habitantes, Uxío Benitez propuxo “considerar os obxectivos e prioridades da Estratexia 2030 do Río Miño Transfronteirizo como base para o impulso dun Investimento Territorial Integrado (ITI)”, un instrumento de financiación específico para o territorio fronteirizo, financiado con fondos europeos e de ambos estados, para ser xerido polas entidades locais de cooperación territorial e, en particular, pola AECT Río Minho, en colaboración coas Eurocidades e autoridades da Eurorrexión. “As Eurocidades e a AECT Rio Minho amosaron a súa capacidade para detectar os problemas que sofren os veciños e veciñas do territorio fronteirizo e son as mais indicadas para a xestión da pos pandemia”, subliñou Benítez.

Entre as iniciativas dirixidas a evitar no futuro os prexuízos do peche de fronteiras, destacou a proposta  da AECT Rio Minho da creación dunha tarxeta cidadá transfronteiriza que poida contribuír á simplificación de trámites e facilitar a mobilidade para os habitantes do territorio.

Finalmente, os responsábeis da Eurocidade Cerveira-Tomiño e os directivos da AECT destacaron a importancia do territorio transfronteirizo do Río Miño como evidencia da vitalidade tanto das relacións entre Galicia e Portugal como da vontade de asentar unha cooperación estratéxica entre os habitantes e institucións eurorrexionais.

 

A Eurocidade Cerveira-Tomiño e a AECT Rio Minho reclaman un plan de recuperación específico para o territorio transfronteirizo

Novas relacionadas

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade
21 Setembro, 2023

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade


Ler máis
Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica
19 Setembro, 2023

Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica


Ler máis
21 Agosto, 2023

Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego