logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
As actividades saudables gañan a partida nos Orzamentos Participativos Transfronteirizos 2020
19 Decembro, 2019
Tomiño e Cerveira promoven de forma conxunta as súas axendas culturais de primavera
31 Xaneiro, 2020

A Eurocidade Cerveira-Tomiño emprende en 2020 a edición de guías sobre os sectores turístico e agrario e actividades culturais e de lecer

15 Xaneiro, 2020
O presidente de Cerveira, Fernando Nogueira, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González

O presidente de Cerveira, Fernando Nogueira, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González

Despois do verán ambos os concellos acollerán as II Xornadas da Amizade Transfronteiriza

 

O Comité de Xestión Estratéxica da Eurocidade, no que se reúnen de forma periódica os responsables dos Concellos de Tomiño e Cerveira,  vén de aprobar o Plan de Actividades 2020.

Dentro do apartado de dinamización do desenvolvemento económico, destaca a edición de senllas guías sobre dous dos sectores de maior potencial: o turístico e o agrario (nomeadamente no ámbito da flor e a planta ornamental), coa intención de dar a coñecer a realidade transfronteiriza destes dous motores da economía local. Estas guías, resultado de diversos traballos de colaboración con expertos, empresas e entidades relacionadas, serán presentadas no primeiro trimestre do ano.

Asemade, cinco anos despois da primeira edición, prévese para despois do verán, a organización das II Xornadas da Amizade,que servirán para analizar os resultados do proxecto POCTEP que, cofinanciado polo programa Interreg V-A da Unión Europea, ten contribuído á dinamización da participación cidadá e ao estreitamento de lazos entre as poboacións, institucións e empresas dos concellos veciños. Tomiño e Cerveira continuarán en 2020 proxectando a súa experiencia de cooperación transfronteiriza.

Por outra banda, para comezos do ano, agárdanse os resultados do informe que o experto universitario designado pola Comisión Europea elaborou sobre alternativas aos atrancos á mobilidade infanto-xuvenil nos espazos de fronteira denunciados polas Valedoras da Cidadanía.

Servizos compartidos

A programación contempla tamén o intercambio de experiencias no ámbito europeo sobre servizos compartidos. Neste ámbito, a Eurocidade acometerá as probas de funcionamento da plataforma tecnolóxica para xestión destes servizos públicos e proseguirá coa programación conxunta de actividades culturais, como o Festival infantil Aventura na Terra da Amizade ou o Certame de Pintura Antonio Fernández.

Finalmente, o plan de actividades recolle a realización dos proxectos gañadores da última votación do Orzamento Participativo Transfronteirizo: unha serie de andainas para dar a coñecer o patrimonio natural e cultural e unha Xornada centrada en actividades deportivas e de lecer para fomentar hábitos de vida saudables.

Novas relacionadas

28 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño ten novas Valedoras Transfronteirizas


Ler máis
19 Decembro, 2022

Cerca de 900 mozos e mozas elixen a organización de xogos e actividades musicais transfronteirizas para o 2023


Ler máis
A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas
16 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego