logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas de actividades
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
Tomiño e Cerveira, orgullosos do recoñecemento internacional do seu traballo a prol da participación cidadá
Tomiño e Cerveira, orgullosos do recoñecemento internacional do seu traballo a prol da participación cidadá
13 Decembro, 2019
O presidente de Cerveira, Fernando Nogueira, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González
A Eurocidade Cerveira-Tomiño emprende en 2020 a edición de guías sobre os sectores turístico e agrario e actividades culturais e de lecer
15 Xaneiro, 2020

As actividades saudables gañan a partida nos Orzamentos Participativos Transfronteirizos 2020

19 Decembro, 2019

O público elixiu ‘As Rotas Minho/Roteiros Miño’ e ‘Pensar o corpo, mover a mente’ como propostas vencedoras

 

Cerveira e Tomiño xa contan con novos proxectos de actividades compartidas para o vindeiro ano. A cidadanía de ambos os dous municipios escolleu por maioría dous proxectos relacionados con actividades saudables como iniciativas gañadoras da nova edición dos Orzamentos Participativos Transfronteirizos 2020: ‘As Rotas Minho/Roteiros Miño’, impulsada polo Clube Celtas do Minho e Carlos Xabier Oliveira Ortega, e ‘Pensar o corpo, mover a mente’, promovida polo Clube de Fitness de Cerveira (Associação sem fins lucrativos) e a Asociación Sociocultural Senraia.

A iniciativa ‘As Rotas Minho/Roteiros Miño’, que acadou o 28% dos votos, busca organizar rutas para facer andando por entre Tomiño e Cerveira que se aproveiten para coñecer ambos territorios a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural. Deste xeito, e ao mesmo tempo, poténcianse outros obxectivos como fomentar hábitos saudables, mellorar a condición física das persoas participantes, diminuír o estrés e a ansiedade grazas a ter unha vida activa e promover accións de sensibilización ambiental, entre outros. A actividade prevé a realización de 10 rutas diferentes ao longo de todo o ano 2020.

A segunda proposta elixida, ‘Pensar o corpo, mover a mente’, tamén vai dirixida a persoas de todas as idades e procurará a dinamización deportiva, recreativa e sociocultural en Tomiño e Cerveira. A través desta iniciativa incentivarase á poboación a practicar deporte, porase en valor a saúde física e mental, xerarase interese tamén en actividades artísticas e culturais, fomentaranse os costumes e valores locais e estreitaranse lazos entre os dous municipios transfronteirizos con actividades deportivas, artísticas e de lecer que se sucederán durante unha fin de semana do segundo trimestre do vindeiro ano. Esta iniciativa, que se presentaba por segunda vez aos Orzamentos Participativos Transfronteirizos, acadou o 21% dos votos totais.

Máis de 700 votos

A pesar de non acabar sendo elixidas, as restantes tres propostas (‘Experiences4all’, ‘Unha pinga de vida’ e ‘Intercambio Interxeracional’) son reveladoras das ganas de todas as entidades participantes e das sinerxías que poden vir a ser constituídas no futuro en prol da potenciación deste territorio común.

En total rexistráronse máis de 700 votos ao longo do período de votación, no que podían participar todos os veciños e veciñas residentes en Vila Nova de Cerveira e Tomiño e maiores de idade, sendo obrigatorio escoller dúas de entre as cinco propostas suxeridas.

Dotado con 20.000 euros, o OPT é unha iniciativa pioneira na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e unha das prioridades da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas marxes do río Miño, implicando á veciñanza na procura de solucións conxuntas para necesidades comúns. É un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP a través de fondos FEDER da Unión Europea.

Share this...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Pin on Pinterest
Pinterest
Share on LinkedIn
Linkedin
Email this to someone
email

Novas relacionadas

5 Xaneiro, 2021

Cerveira e Tomiño promoven unha nova edición do Simposio Internacional de Escultura do Miño


Ler máis
O AECT busca unificar os criterios da Xunta e do goberno luso para actuar no espazo 'Rede Natura 2000' do río Miño
20 Novembro, 2020

O AECT busca unificar os criterios da Xunta e do goberno luso para actuar no espazo ‘Rede Natura 2000’ do río Miño


Ler máis
A aposta pola conexión ferroviaria e polo protagonismo dos territorios da fronteira marcan as II Xornadas da Amizade
11 Novembro, 2020

Infraestruturas e fluidez nas relacións diarias, claves para a cohesión dos territorios transfronteirizos


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020
cerveira@eurocidadecerveiratomino.eu



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03
tomino@eurocidadecerveiratomino.eu

Galego
  • Português
  • Galego
Esta páxina utiliza testemuños e outras tecnoloxías para que poidamos mellorar a súa experiencia no noso sitio:AceptarRexeitarMáis información