logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A ‘Música Nova’ toma Goián
A ‘Música Nova’ toma Goián
25 Abril, 2023
Inscrições abertas para os ‘Jogos Eurocidade – Sem Fronteiras’
Abertas as inscricións para os ‘Xogos Eurocidade – Sen Fronteiras’
19 Maio, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño inicia o seu Camiño de Santiago

26 Abril, 2023
Tomiño inicia o seu Camiño de Santiago

O Concello tomiñés presentou este mércores a variante da Nosa Señora do Norte tras un ano de investigación que documenta o paso de persoas peregrinas polo territorio

Tomiño deu este mércores o primeiro paso do seu Camiño de Santiago. Tras un ano de investigación, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira; e o arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron o Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago, unha variante do Camiño de Santiago que pasa polo territorio que recollen xa os arquivos históricos.

“Co arduo traballo feito ata o de agora podemos documentar o paso de peregrinos e peregrinas por Tomiño ao longo dos séculos. Por iso hoxe iniciamos esta camiñada que non vai ser pequena, que vai levar tempo, pero rematará con éxito co recoñecemento oficial desta variante”, salientou a rexedora.

Proposta

Unha proposta de nova variante de Camiño a Compostela realizada que fortalece a identidade transfronteiriza e permite tender novas pontes de amizade entre Galicia e Portugal, xa que comeza en Barcelos, segue por Viana do Castelo e Cerveira e cruza a Tomiño para continuar por Gondomar, Vigo e Redondela ata Vilavella, onde se funde co Camiño Central a Santiago. “É unha andaina que comezamos con moitas ganas dende o Concello de Tomiño e á que foron sumándose con ilusión a Eurocidade Cerveira-Tomiño e os concellos polos que pasa o trazado”, recalcou Sandra González.

Un entusiasmo que tamén destacou o alcalde de Cerveira, Rui Teixeira, para quen “esta nova variante reafirma o proxecto de Eurocidade e a nosa relación histórica de traballo e amizade. Seguimos cimentando unha relación con Galicia que é moi importante para nós e pensamos que o que estamos a dar hoxe será o primeiro paso de centos de quilómetros camiñando xuntas e xuntos por este proxecto”.

Un traballo conxunto que tamén quixo poñer en valor o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, para quen esa unidade “é fundamental para ser imparables e conseguir o recoñecemento por primeira vez desta variante do Camiño de Santiago”. Pola súa banda, a concelleira de Turismo de Redondela, María Castro, amosou a ledicia do concello redondelán de sumarse a este novo proxecto, “porque sabemos que o camiño é un gran tractor para a economía e o turismo de calidade”. O acto celebrado no salónde plenos do Concello contou coa presenza da alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e de autoridades e representantes do tecido asociativo e hostaleiro da comarca.

Dende o século XIII

A investigación documenta o paso de peregrinos e peregrinas por Tomiño cara a Santiago dende polo menos 1295, ano do que data a referencia máis antiga coñecida. Como sinalou o investigador, Antonio Soliño, o xermolo do paso do Camiño por territorio tomiñés está na vila da Barca, “hoxe xa desaparecida situada no actual Goián, topónimo que certifica que era un dos pasos importantes do Miño”. E se algo caracteriza á variante tomiñesa é “o alto valor do patrimonio construído pola arquitectura de orixe medieval e barroca, pero sobre todo pola súa arquitectura militar e polo elevado número de elementos etnográficos, especialmente polos cañizos, cruceiros e petos de ánimas, algúns deles con moita importancia histórica”.

O estudo realizado se presentará ao Xacobeo e a Turismo de Galicia para propoñer a oficialización desta nova variante do Camiño de Santiago. Ademais, toda a investigación se recollerá nun libro que será presentado en breve e posto a disposición da veciñanza.

Novas relacionadas

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade
21 Setembro, 2023

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade


Ler máis
Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica
19 Setembro, 2023

Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica


Ler máis
21 Agosto, 2023

Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego