logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023
Tomiño inicia o seu Camiño de Santiago
A Eurocidade Cerveira-Tomiño inicia o seu Camiño de Santiago
26 Abril, 2023

A ‘Música Nova’ toma Goián

25 Abril, 2023
A ‘Música Nova’ toma Goián

A ‘Música Nova’ toma Goián

 

O sábado 29 auditorio municipal e skatepark acollerán concertos, obradoiros e conversas cos grupos musicais Chisme e Wicked Youth

Este proxecto foi un dos elixidos nas votacións dos OPT2023 da Eurocidade Cerveira-Tomiño

 

A música continúa estreitando lazos entre a mocidade da Eurocidade Cerveira-Tomiño. Este sábado 29 de abril, Goián será o escenario que acolla una nova quenda de actividades da iniciativa ‘Música Nova’, un dos proxectos elixidos pola rapazada de ambos os dous concellos nas votacións do Orzamento Participativo Transfronteirizo para este ano 2023.

Dirixido a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos, a Eurocidade organiza ao abeiro deste programa interesantes actividades en diferentes espazos de Tomiño e Cerveira coa música como nexo de unión. Tras celebrar unha primeira quenda de actividades na vila portuguesa, esta fin de semana a música desprázase ata Tomiño para celebrar ensaios, concertos, obradoiros e mesmo conversas con varios grupos musicais profesionais das dúas beiras do Miño.

A xornada comezará ás 10.30 horas no auditorio municipal de Goián cun novo ensaio do espectáculo aberto á participación da comunidade ‘O Miño que une’, un show baseado na identidade local, na relación transfronteiriza e nas características da paisaxe que mesturará cine e música en vivo e que será presentado ao público o vindeiro 10 de xuño nun concerto final en Tomiño.

As actividades reanudaranse ás 16h cun obradoiro para aprender a facer un rider técnico para despois propiciar que mozos e mozas podan conversar cos grupos profesionais Chisme e Wicked Youth. De 17.30 a 18.00 horas as e os participantes poderá coñecer un pouco máis sobre o mundo da música e resolver dúbidas e curiosidades da man de Fernando Epelde, dramaturgo, actor e creador de Chisme, con varios albumes marcados pola exploración da arte sonora, a electrónica minimalista e o pop cibernético ou xéneros como a new-rave ou o pop groove máis espacial. A rapazada tamén poderá conversar con Wicked Youth, unha banda musical de Paredes de Coura influenciada polo rock que busca inquietudes e mutacións sonoras cunha enerxía impulsada tamén pola Escola de Rock de Paredes de Coura.

Tras esta conversa próxima e intimista, mozos e mozas poderán gozar de dous showcases no skatepark de Goián, dous concertos de pequeno formato con Chisme como protagonista ás 18.00 horas e con Wicked Youth ás 18.45 horas.

O programa ‘Música Nova’ busca propiciar a implicación da mocidade da Eurocidade Cerveira-Tomiño en actividades musicais conxuntas, procurando a divulgación da tradición e aprendizaxe de novos estilos musicais, ademais de promover o espazo público para a divulgación e o intercambio cultural e xeracional.

A iniciativa forma parte do proxecto de consolidación estratéxica da cooperación transfronteiriza entre Cerveira e Tomiño, cofinanciado ao 75% pola 6ª Convocatoria do programa INTERREG VA ESPAÑA PORTUGAL (POCTEP) a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

Novas relacionadas

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade
21 Setembro, 2023

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade


Ler máis
Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica
19 Setembro, 2023

Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica


Ler máis
21 Agosto, 2023

Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego