logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
THE SECOND EVENT OF BRIDGE PROJECT
The second event of Bridge Project
18 Abril, 2022
Cerveira e Tomiño renovan a súa estratexia común
Cerveira e Tomiño renovan a súa estratexia común
6 Xuño, 2022

A Eurocidade visita Eslovenia para coñecer a cooperación transfronteiriza da cidade de Nova Gorica

30 Maio, 2022
A Eurocidade visita Eslovenia para coñecer a cooperación transfronteiriza da cidade de Nova Gorica

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, compartiron experiencias con responsables doutros 11 países europeos

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, asistiron os días 22 e 23 de maio na cidade eslovena de Nova Gorica, a un novo encontro internacional no marco do Proxecto BRIDGE, no que participaron tamén outros 11 socios europeos, coa finalidade de crear redes de cooperación en materia transfronteiriza e intercambiar boas prácticas.

Os delegados foron recibidos polo alcalde de Nova Gorica, para despois ser informados dos principais proxectos transfronteirizos que comparten coa cidade italiana de Gorizia, entre os que destacan unha ponte para peóns e bicicletas, como a proxectada na Eurocidade Cerveira-Tomiño, e outras iniciativas de mobilidade alternativa.

Ambas cidades, cunha historia moi marcada polas consecuencias das dúas guerras mundiais, están tamén a organizar as actividades da Capital Cultural 2025, para o que foron escollidas baixo o lema: “Go Borderless” https://youtu.be/BBX9eSbHNJ0

A Eurocidade Cerveira-Tomiño, un exemplo

Para a alcaldesa, a visita é “unha excelente oportunidade para aprender dunha das experiencias europeas máis recoñecidas en cooperación transfronteiriza”. Pola súa banda, o presidente destacou o papel da Eurocidade Cerveira-Tomiño como un exemplo claro da oportunidade e das potencialidades da colaboración transfronteiriza e das dimensións social, económica e cultural nas relacións entre ambos os dous concellos.

O Proxecto BRIDGE, coordinado pola Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e financiado polo Programa Europa para cidadáns da Unión Europea, integra 11 entidades e municipios transfronteirizos de 11 países, co fin de promover a cidadanía e a cohesión social alén das fronteiras. Así, no proxecto participan, ademais de Tomiño e Cerveira, entidades de Bulgaria, Hungría, Eslovaquia, Eslovenia, Italia, Chipre, Lituania e Letonia.

O BRIDGE prevé novos encontros en Bulgaria/Serbia e Lituania/Letonia nos que se abordarán temas relacionados coa financiación de programas e oportunidades para promover a cooperación transfronteiriza e europea; e iniciativas de cooperación transfronteiriza nas áreas social e ambiental.

Novas relacionadas

28 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño ten novas Valedoras Transfronteirizas


Ler máis
19 Decembro, 2022

Cerca de 900 mozos e mozas elixen a organización de xogos e actividades musicais transfronteirizas para o 2023


Ler máis
A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas
16 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego