logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A Eurocidade visita Eslovenia para coñecer a cooperación transfronteiriza da cidade de Nova Gorica
A Eurocidade visita Eslovenia para coñecer a cooperación transfronteiriza da cidade de Nova Gorica
30 Maio, 2022
A Eurocidade reclama en París maior atención aos territorios transfronteirizos
23 Xuño, 2022

Cerveira e Tomiño renovan a súa estratexia común

6 Xuño, 2022
Cerveira e Tomiño renovan a súa estratexia común

Ambos os dous concellos celebran reunión con colectivos e entidades socioculturais para definir a Axenda 2030 da Eurocidade

Tomiño e Cerveira continúan a dar pasos para intensificar e ampliar as liñas de actuación da súa estratexia común. O Centro Goianés e a Biblioteca cerveirense son algúns dos locais que acollerán durante todo o mes de xuño e xullo reunións de asociacións e entidades galegas e portuguesas para definir os criterios de actuación conxunta da Eurocidade Cerveira Tomiño no horizonte da Axenda 2030.

Coincidindo coa Semana do Medio Ambiente, as e os participantes nestes encontros abordaron, entre outros aspectos, os hábitos de consumo ou produción máis saudables, as novas funcións ambientais dos espazos rurais, a paisaxe, o patrimonio e todas as cuestións relacionadas coa protección e posta en valor do río Miño. Para esta ocasión a Eurocidade reuniu como relatoras a académicas e profesionais con experiencia nos campos da antropoloxía, da enxeñería ambiental, da bioloxía ou da economía aplicada.

Entre as e os asistentes a estas primeiras reunións contouse con asociacións profesionais e de comerciantes, representantes do sector agrícola ou hostaleiro e asociacións culturais e medioambientais. O programa incluíu tamén un xantar, con menú de degustación de produtos locais, no que colaboraron desinteresadamente diferentes empresas agrupadas na Asociación de Cultivos Baixo Miño, así como produtores locais.

Políticas públicas

Este proceso participativo, que dá continuidade ás reunións celebradas xa o pasado mes de abril con colectivos xuvenís, analizará ao longo do mes de xuño catro aspectos estratéxicos das políticas públicas: a economía circular e relacións urbano-rural, o desenvolvemento territorial e dinamización dos recursos endóxenos, a conectividade e a transición dixital e a cidadanía e a igualdade. A Eurocidade Cerveira-Tomiño xa ten planificados novos encontros para debater arredor da mobilidade e transición dixital ou políticas sociais relacionadas coa igualdade de xénero ou o envellecemento activo.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño pretende así ampliar as súas liñas de actuación, promovendo unha actualización da Axenda Estratéxica Amizade Cerveira Tomiño (2015), en base ás políticas urbanas da Unión Europea e aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) das Nacións Unidas, e a través dun proceso participativo que identifique prioridades e accións  que leven á promoción da cohesión ambiental, social e económica deste territorio transfronteirizo.

Produto local

Na senda dos obxectivos da Axenda para a Sustentabilidade da Eurocidade Cerveira-Tomiño, nomeadamente da dinamización dos recursos endóxenos, do apoio ás relacións urbanas e rurais positivas ou da concienciación sobre os hábitos de consumo e o incentivo do consumo local, preparouse durante o encontro un petisco composto por:

– Variados de produtos de hortas da veciñanza da Eurocidade.

– Alimentos producidos no territorio da Eurocidade, como o kiwi, o viño, os mirabeis ou os grelos.

-Peixe do rio Miño considerados menos nobres así como carpa, un recurso dispoñible e non explorado.

-Carne de bovino e caprino de producións pecuarias extensivas e sustentables, que contribúen ao equilíbrio ambiental e paisaxístico do territorio.

-O recurso aos mercados locais.

Novas relacionadas

28 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño ten novas Valedoras Transfronteirizas


Ler máis
19 Decembro, 2022

Cerca de 900 mozos e mozas elixen a organización de xogos e actividades musicais transfronteirizas para o 2023


Ler máis
A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas
16 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego