logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Cerveira e Tomiño renovan a súa estratexia común
Cerveira e Tomiño renovan a súa estratexia común
6 Xuño, 2022

A Eurocidade reclama en París maior atención aos territorios transfronteirizos

23 Xuño, 2022

A alcaldesa de Tomiño participa no ‘Borders Forum’ xunto a representantes gubernamentais de primeiro nivel de diferentes países europeos

Súmase ás voces que piden máis fondos e a eliminación de obstáculos legais para facilitar a vida da veciñanza das fronteiras interiores, un terzo da poboación da Unión Europea

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, defendeu en París a cooperación e a gobernanza transfronteirizas co máximo grao de participación pública. Fíxoo na segunda xornada do foro sobre fronteiras ‘Borders Forum’ organizado no marco da presidencia francesa do Consello da UE que está a reunir na capital parisina a representantes do máis alto nivel de entidades e administracións de rexións transfronteirizas da Unión.

A rexedora galega participou nunha mesa redonda sobre o papel que debe xogar a mocidade e a sociedade civil na construción dos territorios transfronteirizos ao lado da presidenta da Comisión Nacional Francesa para o Debate Público Chantal Jouanno, dunha representante da Secretaría comunitaria para a Conferencia sobre o Futuro de Europa, Gaëtane Ricard-Nihoul, así como de varias persoas representantes de voluntariado cidadá en Francia, Alemaña, Bélxica e España.

En representación da nosa Eurocidade, Sandra González sinalou que “a vida transfronteiriza é o mellor exemplo da cidadanía europea e precisa dunha maior atención por parte da Comisión e os estados da Unión”. Lembrou que o 30% das e dos habitantes da UE (150 millóns de persoas) viven próximas ás súas fronteiras interiores, o que esixe que os gobernos democráticos garantan os dereitos e faciliten a vida desa veciñanza “removendo obstáculos legais e priorizando que os fondos dedicados á cooperación cheguen directamente aos territorios e municipios das fronteiras”.

A alcaldesa de Tomiño referiuse á traxectoria de cooperación da Eurocidade Cerveira-Tomiño e a algúns dos seus proxectos estratéxicos como o Parque transfronteirizo da Amizade, subliñando a importancia estratéxica das actividades de mobilidade e intercambio da mocidade.

No seu discurso xeral Sandra González coincidiu con moitas das manifestacións expresadas polas diferentes entidades e as case 50 persoas relatoras que tomaron parte nas sesións celebradas no ‘Borders Forum’ os días 21 e 22 de xuño na Cidade Internacional Universitaria de París, baixo a organización da Mission Opérationnelle Transfrontalière, coa colaboración da Comisión Europea, o Comité Europeo das Rexións e ESPON.

Subliñou que “as cuestións relacionadas coas fronteiras deben estar no centro das axendas políticas europeas e dos distintos estados, especialmente agora que se aplican os plans de recuperación e se inician os novos programas Interreg ou a revisión do Código de Fronteiras de Schengen”.

Fontes da DG Rexio da Comisión Europea estiman que a eliminación de 1/3 dos obstáculos que dificultan a vida transfronteiriza provocaría a suba dun 2% do PIB nestes territorios e a creación de 1 millón de postos de traballo. Neste sentido, a alcaldesa de Tomiño urxiu ou recoñecemento legal e normativo das áreas funcionais que transcenden as antigas fronteiras interestatais na Unión Europea. “Son territorios que xa existen, que son totalmente recoñecibles pola xente e que posúen instrumentos de cogobernanza e servizos compartidos”, afirmou.

Nas diferentes mesas de traballo do ‘Borders Forum’ abordouse o debate sobre se os territorios transfronteirizos deben resignarse a unha situación na que os países “se repregan sobre si mesmos e as fronteiras se reducen a meras liñas divisorias ou hai capacidade colectiva de demostrar resiliencia e de respectar as fronteiras como territorios compartidos que son fontes de progreso”.

Novas relacionadas

Cerveira e Tomiño renovan a súa estratexia común
6 Xuño, 2022

Cerveira e Tomiño renovan a súa estratexia común


Ler máis
A Eurocidade visita Eslovenia para coñecer a cooperación transfronteiriza da cidade de Nova Gorica
30 Maio, 2022

A Eurocidade visita Eslovenia para coñecer a cooperación transfronteiriza da cidade de Nova Gorica


Ler máis
THE SECOND EVENT OF BRIDGE PROJECT
18 Abril, 2022

The second event of Bridge Project


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego