logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Alcaldes e alcaldesas da fronteira continúan coa súa loita para a apertura das pontes de Salvaterra, Goián e Tui para traballadores transfronteirizos
Alcaldes e alcaldesas da fronteira continúan coa súa loita para a apertura das pontes de Salvaterra, Goián e Tui para traballadores transfronteirizos
9 Xuño, 2020
Solicítase unha liña específica de apoio aos concellos transfronteirizos
Solicítase unha liña específica de apoio aos concellos transfronteirizos
15 Xuño, 2020

A Eurocidade volverá estar conectada para traballadores e empresas dende o 15 de xuño

11 Xuño, 2020
A Eurocidade volve a estar conectada para traballadores e empresas dende o 15 de xuño

O delegado do Goberno en Galicia informou da reapertura de tres pasos fronteirizos entre Galicia e Portugal, entre eles o que une a Eurocidade de Tomiño e Vila Nova de Cerveira. Será de luns a venres de 08.00 a 22.00 h

 

A Eurocidade volverá a estar conectada para traballadores e traballadoras e empresas dende o vindeiro luns 15 de xuño. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou hoxe da apertura de tres novos pasos fronteirizos entre Galicia e Portugal, entre eles o que une a Eurocidade de Tomiño e Vila Nova de Cerveira. Tamén se reabrirán os que comunican Salvaterra do Miño con Monçao e Arbo con Melgaço.

Así, desde o día 15 de xuño restablecerase a circulación de luns a venres entre as 08.00 e as 22.00 horas.

Resposta positiva

Losada subliñou a resposta positiva do ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, á solicitude exposta polos municipios galegos nas últimas semanas co fin de favorecer a comunicación co norte de Portugal tendo en conta que o fluxo habitual interrompeuse pola pandemia.

O delegado do Goberno valorou a sensibilidade do Goberno de España e do Ministerio de Interior, á vez que agradeceu a decisión que permite incorporar tres pasos fronteirizos aos que se manteñen abertos desde o inicio da crise sanitaria. Até agora permitíase o tránsito entre fronteiras en Tui (Pontevedra)-Valença e Verín (Ourense)-Chaves. A estes dous pasos sumouse de maneira provisional durante as últimas semanas o de Calvos de Randín (Ourense) con Tourén.

Reclamación dos municipios do Miño

Desta maneira frutifican tamén as conversacións que o delegado do Goberno mantivo nas últimas semanas coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño Transfronteirizo (AECT Río Minho) para analizar a situación. Naquel encontro, no que tamén participou a Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira, Losada escoitou as propostas de reapertura de fronteiras e comprometeuse a trasladar estas peticións ao Ministerio de Interior, que agora dá resposta coa reapertura de tres novos pasos fronteirizos.

Con iso, continúa o proceso de desescalada e o avance cara a unha nova normalidade que permitirá recuperar os fluxos de tráfico e a convivencia entre os veciños dos municipios fronteirizos de Galicia e Portugal.

Sempre dentro dos protocolos de seguridade e atendendo ás medidas adoptadas por cada país, Javier Losada avogou por favorecer a coordinación entre España e Portugal neste proceso para facilitar a comunicación, pero sempre garantindo a saúde das persoas.

Novas relacionadas

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade
21 Setembro, 2023

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade


Ler máis
Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica
19 Setembro, 2023

Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica


Ler máis
21 Agosto, 2023

Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego