logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
As valedoras transfronteirizas de Cerveira-Tomiño recollen 250 informes persoais de danos causados ​​polo peche das fronteiras
4 Xuño, 2020
A Eurocidade volve a estar conectada para traballadores e empresas dende o 15 de xuño
A Eurocidade volverá estar conectada para traballadores e empresas dende o 15 de xuño
11 Xuño, 2020

Alcaldes e alcaldesas da fronteira continúan coa súa loita para a apertura das pontes de Salvaterra, Goián e Tui para traballadores transfronteirizos

9 Xuño, 2020
Alcaldes e alcaldesas da fronteira continúan coa súa loita para a apertura das pontes de Salvaterra, Goián e Tui para traballadores transfronteirizos

Alcaldes e alcaldesas da fronteira continúan coa súa loita para a apertura das pontes de Salvaterra, Goián e Tui para traballadores transfronteirizos

Tamén participaron dous traballadores afectados polo peche dos pasos de fronteira

 

A Ponte Internacional que une Monção e Salvaterra do Miño foi escenario da segunda acción de protesta pola reapertura de máis puntos de paso entre a fronteira de Galicia e Portugal, protagonizada polos alcaldes e alcaldesas dos 12 municipios portugueses e galegos bañados polo río Miño. Dous traballadores transfronteirizos estiveron tamén presentes, para testemuñar o impacto do peche de fronteiras no seu día a día, exhibindo carteis coa frase “Déixenme traballar”.

O director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT Río Minho), Uxío Benítez, subliñou que “estas dúas persoas simbolizan todo aquilo polo que os alcaldes andan a reivindicar. Non se trata de abrir fronteiras dunha forma xeneralizada para o turismo, mais si de algo máis xusto e preocupante que é os traballadores transfronteirizos poidan facer unha vida normal. Do que se trata é da colocación de medios para controlar a apertura de máis puntos de paso”.

Subliñando que a ponte “é unha rúa que atravesa o río Miño e pola cal pasan, diariamente, 10 mil coches”, o alcalde de Monção alertou para o feito de “os traballadores transfronteirizos están a sufrir efectos económicos e persoais hai moitos meses”. E engadiu: “Somos pequenos, somos poucos, mais somos xente. Queremos sobrevivir, é xa do que se trata. Hai xa moitas solicitudes de axuda, hai pobreza encuberta, a economía está perdendo e o que se pide aos Gobernos é que axuden á fronteira, que axuden aos pobos de ambos os lados”.

De 6 minutos a 160 km

Cecilia Puga, peiteadora galega con salón en Melgaço dende hai 19 anos, facía unha viaxe casa/traballo de só seis minutos. Co peche de fronteiras debido á pandemia Covid-19, a empresaria vese obrigada a percorrer cerca de 160 kms cada día, tendo que pasar polo único punto de paso aberto na zona, en Valença-Tui, demorando moito máis tempo. “A semana pasada, o SEF non validou a miña declaración e tiven que ir a Vigo facer un novo recoñecemento, tardando cinco horas en chegar ao meu posto de traballo. É unha inxustiza”, comentou.

Á súa vez, Vítor Domingues, referiu que, en 22 anos de feirante, a semana pasada foi “a primeira vez que non abriu a caixa, non faturando un cêntimo”. Presenza habitual nas feiras entre Melgaço e Camiña, o feirante que ostentava un cartel con “Déixenme traballar”, afirmou que esta situación está a provocar “un colapso económico total na raia” e o que se pide é que “os gobernos ollen para o Norte de Portugal e a Galicia”.

Ao final alcaldes e alcaldesas garantiron que esta reivindicación vai seguir producíndose para flexibilizar as milenarias relacións entre o Norte de Portugal e Galicia.

A primeira acción de protesta conxunta dos alcaldes e alcaldesas de ambas dúas beiras do Miño produciuse o pasado 3 de xuño na Ponte Internacional da Amizade, que une Vila Nova de Cerveira e Tomiño.

Alcaldes e alcaldesas da fronteira continúan coa súa loita para a apertura das pontes de Salvaterra, Goián e Tui para traballadores transfronteirizos

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego