logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Tres mil estudantes votan esta semana para elixir a mascota do festival transfronteirizo “Aventura na Terra da Amizade”
Tres mil estudantes votan esta semana para elixir a mascota do festival transfronteirizo “Aventura na Terra da Amizade”
28 Outubro, 2020
A aposta pola conexión ferroviaria e polo protagonismo dos territorios da fronteira marcan as II Xornadas da Amizade
Infraestruturas e fluidez nas relacións diarias, claves para a cohesión dos territorios transfronteirizos
11 Novembro, 2020

A lontra ‘Mizi’, elixida mascota do Festival Infantil da Eurocidade Cerveira-Tomiño

30 Outubro, 2020
A lontra ‘Mizi’, elixida mascota do Festival Infantil da Eurocidade Cerveira-Tomiño

A mascota contou co 48’60% de preto de 2.000 votos emitidos polo alumnado

 

Aproximadamente 2000 estudantes de todos os centros educativos dos concellos irmandados de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, desde educación infantil ata secundaria, aceptaron o reto da Eurocidade de elixir a mascota para o Festival Infantil Transfronteirizo “Aventura na Terra da Amizade”. ‘Mizi’, unha lontra de río típica da zona, foi a proposta gañadora.

O proceso organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño comezou, hai xa uns meses, cunha invitación dirixida a 13 deseñadores de Galicia e do Norte de Portugal para crear modelos de mascotas que, logo da avaliación do xurado designado, se reduciu a tres propostas finalistas: “Mizi”, “Pinhas” e “Minius”.

Grazas á estreita colaboración das direccións dos centros educativos e do profesorado de cada clase, todo o alumnado de ambos concellos fronteirizos participou libremente na elección do seu deseño favorito, nunha experiencia de cidadanía activa. Despois de contabilizar os aproximadamente 2000 votos, “Mizi” foi a proposta máis votada cun 48,60%, seguida de “Pinhas” cun 32,80% e “Minius” cun 18,60%.

Nunha combinación das palabras “amizade” e “Minho”, a mascota “Mizi” está inspirada nun animal típico da zona como a lontra de río, un peculiar mamífero con graciosos movementos que habita entre a auga e a terra. Para o verán de 2021, a 2a edición do Festival Infantil Transfronteirizo “Aventura na Terra da Amizade” contará xa coa presenza desta mascota que terá diversas aplicacións.

Coa 1ª edición celebrada o 31 de agosto de 2019, a “Aventura na Terra da amizade” é un evento promovido no ámbito da Eurocidade Cerveira Tomiño, co obxectivo de reunir ás familias nunha convivencia transfronteiriza nun ambiente natural, con xogos, espectáculos e animación do imaxinario dos máis pequenos. Ademais de convivencia e animación, o festival tamén ten unha forte compoñente de sensibilización ambiental.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego