logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A lontra ‘Mizi’, elixida mascota do Festival Infantil da Eurocidade Cerveira-Tomiño
A lontra ‘Mizi’, elixida mascota do Festival Infantil da Eurocidade Cerveira-Tomiño
30 Outubro, 2020
O AECT busca unificar os criterios da Xunta e do goberno luso para actuar no espazo 'Rede Natura 2000' do río Miño
O AECT busca unificar os criterios da Xunta e do goberno luso para actuar no espazo ‘Rede Natura 2000’ do río Miño
20 Novembro, 2020

Infraestruturas e fluidez nas relacións diarias, claves para a cohesión dos territorios transfronteirizos

11 Novembro, 2020
A aposta pola conexión ferroviaria e polo protagonismo dos territorios da fronteira marcan as II Xornadas da Amizade

As II Xornadas da Amizade deixaron patentes os retos de futuro aos que se enfronta a cooperación transfronteiriza: a aposta pola conexión ferroviaria e o recoñecemento das entidades locais para a xestión de fondos

Xa pode versen as xornadas completas na canle de Youtube da Eurocidade Cerveira-Tomiño

 

Dotar de infraestruturas e facilitar a fluidez nas relacións diarias a través das fronteiras é fundamental para a cohesión entre territorios transfronteirizos e para que poidan crecer ao seu máximo potencial. Estas son algunhas das principais conclusións recollidas nas II Xornadas da Amizade, celebradas en Cerveira coa participación dos principais axentes sociais, políticos e económicos das dúas beiras do Miño e que xa se poden ver na canle de Youtube da Eurocidade Cerveira-Tomiño  completa ou por bloques:

  • 1º bloque: Cerveira-Tomiño: Balance e resultados do proxecto
  • 2º bloque: Da Carta da Amizade á Eurocidade
  • 3º bloque: Cooperación transfronteiriza no Horizonte 2030
  • 4º bloque: Debate: Europa sen fronteiras: o papel da cooperación transfronteiriza na consolidación do proxecto europeo

A aposta polo eixo atlántico ferroviario foi unha demanda común dos distintos participantes nas xornadas. Mentres que a ministra de Cohesión Territorial lusa, Ana Abrunhosa, destacaba a existencia por primeira vez de estratexias transnacionais “con infraestruturas e instrumentos e vontade política de abolir fronteiras” en aras do ben común, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González pedía maior apoio do goberno autonómico, español e europeo para a fronteira máis transitada de Europa e financiamento e canles de comunicación directos para levar adiante proxectos fundamentais para a rexión como a mobilidade ferroviaria entre Vigo e Porto.

Unha idea que secundou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para quen “a autoestrada que vertebrou Galicia con Portugal foi a clave para cambiar a percepción dos galegos e os portugueses. As infraestruturas seguen sendo fundamentais para a cohesión do pobo e para nós é importante a conexión ferroviaria do eixo atlántico, unha conexión por tren que conecte Portugal con Galicia e de aí se vaia á meseta. Temos que finalizar esa liña de ferrocarril e seguir insistindo nestas e noutras infraestruturas, como as culturais”.

Eliminar obstáculos

A cooperación e cohesión territorial implica “rachar os muros formais e informais que limitan o o desenvolvemento das rexións transfronteirizas”, para o que é fundamental eliminar os obstáculos aos que se enfrontan ao tratar con administracións estatais diferentes, como explicou a comisaria europea de Cohesión, Elisa Ferreira. “Á cidadanía e ás organizacións a miúdo impídeselles establecer relacións diarias a través da fronteira tan fluidamente como o farían dentro dun mesmo país, o que lles impide crecer todo o que poden. O noso obxectivo é axudar a eliminar eses obstáculos”.

O transporte público transfronteirizo, os intercambios escolares ou cuestións fiscais son algúns dos exemplos que “deixan claro que o apoio á cooperación transfronteiriza debe ir máis alá do apoio financeiro”. Para enfrontarse a casos como estes estúdase a posibilidade de usar o Mecanismo Europeo Transfronteirizo, unha ferramenta que permitiría “atopar solucións específicas a problemas específicos cando marcos legais ou administrativos incompatibles obstaculicen o desenvolvemento de proxectos transfronteirizos”.

Para Ferreira a Eurocidade Cerveira-Tomiño é “un excelente exemplo de cooperación internacional cun impacto real na vida das persoas e de todo o que se pode lograr traballando xuntos”. “Hai desafíos permanentes, como os que nos recordou a crise da COVID, durante a que se suspenderon proxectos e investimentos e se pecharon as fronteiras, o que supuxo unha situación moi dolorosa para quen vivía en rexións transfronteirizas. Pero non debemos tomar estes contratempos como un impedimento, senón como un recordatorio do traballo por facer e un impulso á nosa determinación de continuar o camiño iniciado xuntos”.

Gran respaldo

As II Xornadas da Amizade contaron co respaldo e presenza dos principais axentes políticos, sociais e económicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Así, a este debate asistiron por exemplo Jùlio Pereira e Bruno Caldas, membros do equipo técnico do CIM Alto Minho; o director da Confederação Empresarial do Alto Minho, Luís Ceia; o presidente do Instituto Politécnico de Viana do Castelo, Carlos Manuel da Silva; Ana Paula Xavier, da Associação de Desenvolvimento Rural Integrado do Vale do Minho; Francisco Calheiros, da Associação de Desenvolvimento Rural Integrado do Vale do Lima; o presidente de AM Cerveira; os comandantes de Caminha e de Tui; Manoel Batista Calçada, presidente da Câmara Municipal de Melgaço; Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal; Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Miguel Ángel Michinel, Secretario Xeral da Universidade de Vigo; Elena Rivó, comisionada de Coordinación Institucional da Universidade de Vigo; María Victoria Álvarez, presidenta da Asociación de Cultivos do Baixo Miño; Emilio Estévez, da Cámara de Comercio de Tui; representantes da Asociación de Empresarios de Tomiño ou membros do grupo parlamentario do BNG.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego