logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Portugal imponse no VIII Triatlón da Amizade 2014
Portugal imponse no VIII Triatlón da Amizade 2014
3 Novembro, 2014
Amizade Cerveira-Tomiño promove agenda estratégica
4 Novembro, 2014

A Ponte Internacional cumpriu dez anos dende a súa construción e os gobernos de Tomiño e Cerveira celebrárono cunha “Carta de Amizade”

3 Novembro, 2014
Carta da Amizade para celebrar os 10 anos da Ponte Internacional

O acto protocolario tivo lugar na mesma ponte, coa participación de grupos folclóricos dos municipios fronteirizos.

Os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira conmemoraron o 10º aniversario da Ponte Internacional cunha Carta de Amizade, cuxa sinatura tivo lugar onte, 11 de xuño, ás 20 horas.

A “Conmemoración do 10º aniversario da Ponte da Amizade” foi un acto cheo de simbolismo presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, os cales lembraron os lazos de unión existentes entre as poboacións de ambas as marxes do río, reafirmándose na súa vontade de continuar na liña de colaboración e xestión conxunta de servizos, na ámbito da Eurorrexión. “Hoxe celebramos o aniversario dunha ponte e seguiremos facendo pontes de futuro, pontes entre un mesmo espazo natural, pontes sobre un mesmo río”, asegurou la alcaldesa de Tomiño.

O acto contou tamén coa presencia dos alcaldes dos concellos de Tui, O Rosal e A Guarda, Comandante Naval do Miño e outras autoridades, así coma numeroso público.

Presentaron o acto as concelleiras de Cultura de Vila Nova e Tomiño, Aurora Viaes e Cristina Martínez, respectivamente.

Cooperación transnacional

Referíndose ao documento asinado onte, Sandra González expresou o desexo de afondar nas iniciativas de cooperación transnacional. “Queremos que esta carta que asinamos hoxe promova a cooperación institucional entre os dous concellos; valorice o seu patrimonio natural e cultural; potencie a mobilidade e accesibilidade entre os dous concellos; promova a xestión compartida de espazos e equipamentos públicos, e en definitiva, a nosa participación como cidadanía europea”, comentou a rexedora.

O seu homólogo portugués salientou tamén a necesidade de reforzar cada vez máis as relacións transfronteirizas no marco europeo, de maneira de definir un modelo de xestión e nun futuro próximo crear unha entidade con personalidade xurídica que permita acceder, por exemplo, a axudas e proxectos europeos conxunto.

Antes e logo da sinatura da Carta de Amizade, actuaron varios grupos folclóricos de ambas as dúas localidades. Por parte de Tomiño, estiveron os grupos Virxe do Alivio, Fonte do Frade e Treboada Baixo Miño. En representación de Vila Nova de Cerveira, actuaron os grupos de bombos de Sopo, Loivo, Cornes, Nogueira e Covas, así coma o Rancho de Gondarém.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música

Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’

Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”

Ler máis

Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies

Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal

+351 251 708 020

Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España

+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego