logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
I Simposium de Escultura do Miño
Tomiño e Vila Nova de Cerveira acollen o I Simposium de Escultura do Miño
3 Novembro, 2014
Carta da Amizade para celebrar os 10 anos da Ponte Internacional
A Ponte Internacional cumpriu dez anos dende a súa construción e os gobernos de Tomiño e Cerveira celebrárono cunha “Carta de Amizade”
3 Novembro, 2014

Portugal imponse no VIII Triatlón da Amizade 2014

3 Novembro, 2014
Portugal imponse no VIII Triatlón da Amizade 2014
Portugal imponse no VIII Triatlón da Amizade 2014

Tiago Maia (Sport Lisboa e Benfica) e Rita María Lopes (Amiciclo Grándola) proclamáronse campións a nivel individual do VIII Tríatlon da Amizade, que se celebrou entre Galicia e Portugal, este ano con final en Vila Nova de Cerveira. O Trofeo da Amizade foi parar a mans de Portugal por segundo ano consecutivo. Conxuntamente celebrouse o Campionato Galego de Tríatlon Cross, resultando campións galegos desta especialidade Fabián Ubeira (Motobike) e Príscila Suárez (Trinity Tríatlon).

Por categorías

Na categoría masculina proclamouse campión do Tríatlon da Amizade o portugués Tiago Maia (Sport Lisboa e Benfica) cun tempo de 1:11:50. Moi cerca chegou Fabián Ubeira, a só 14 segundos, que loitou polo título ata o final, mentres que o bronce foi para Rui Dolores (Amiciclo Grándola) cun tempo de 1:13:08.

Portugal imponse no VIII Triatlón da Amizade 2014
Portugal imponse no VIII Triatlón da Amizade 2014
Portugal imponse no VIII Triatlón da Amizade 2014

Na proba feminina non houbo moitas sorpresas, xa que repetiu triunfo, e con certa comodidade, a gañadora da pasada edición, Rita María Lopes (Amiciclo Grándola) cun tempo final de 1:22:23. A emoción estivo na loita polo segundo posto, no que Sofía Brites (Amicilo) logrou impoñerse á galega Príscila Suárez (Trinity) por uns segundos de diferenza.

Campionato Galego de Tríatlon Cross

A organización fixo coincidir o Tríatlon da Amizade co Galego de Tríatlon Cross, como xa sucedera o pasado ano. Así, Fabian Ubeira (Motobike) logrou o título de campión galego, por diante de Óscar Fernández (Arcade Inforhouse) que foi prata, e David Landeira (independente), que logrou o bronce.

Na categoría feminina, o podio estaba formado por Príscila Suárez, do Trinity (ouro); María Martínez do Atletismo Porriño (prata) e Blanca Labandeira do Mar de Vigo, (bronce). Coma nas edicións anteriores, a participación é moi numerosa (máis de 150 participantes en todas as categorías) e a organización (realizada de forma alterna polas federacións galega e portuguesa) un éxito total.

Portugal imponse no VIII Triatlón da Amizade 2014

Resultados Tríatlon Menores

Pola mañá celebrouse en Goián o IV Tríatlon de Menores, coa participación de case 40 rapaces e rapazas.

Os gañadores foron:

  • Benxamín: Laura Alonso e Rodrigo Sánchez (ambos independentes).
  • Alevín: Elsa Pena (Atletismo Porriño) e Yago Álvarez (Club Ciclista de la Fuente).
  • Infantil: Agueda Cons (Motobike) e Afonso Nunes (Alhandra Sporting Club).
  • Cadete: Mariña Ramos (Motobike) e Joao Cancela (Nucleo Sportinguista de Golega).

Fonte: Fegatri (Federación Galega de Triatlón). Fotos: Infomiño e Faro de Vigo.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego