logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
http://participacerveiratomino.eu
A Comisión Técnica acepta as cinco propostas presentadas para participar no OPT 2020
8 Novembro, 2019
Catrocentos escolares de educación infantil de Tomiño e Cerveira visitan unha granxa-escola
Catrocentos escolares de educación infantil de Tomiño e Cerveira visitan unha granxa-escola
2 Decembro, 2019

Asociacións e promotores de Galicia e Portugal presentan 5 candidaturas ao OPT 2020

13 Novembro, 2019

A cidadanía de Cerveira e Tomiño poderán votar os dous proxectos que máis lles gusten dende o 15 de novembro ao 15 de decembro

 

O Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) 2020 xa ten novas propostas enriba da mesa. Un total de 27 asociacións e promotores de Galicia e Portugal participaron no proceso que desembocou finalmente na presentación de cinco proxectos para participar na cuarta edición do OPT de Cerveira e Tomiño, unha iniciativa que busca permitir o coñecemento e intercambio de persoas, asociacións e entidades que comparten intereses e obxectivos a ambas beiras do Miño e que trata de promocionar a igualdade de oportunidades e o reforzo da participación pública da cidadanía transfronteiriza na procura de solucións para problemas comúns.

O período de votación de propostas estará aberto do 15 de novembro ao 15 de decembro e nel poderán participar todos os veciños e veciñas residentes en Vila Nova de Cerveira e Tomiño e maiores de idade, sendo obrigatorio dar o voto a dous proxectos. Todas as votacións realizaranse a través da plataforma online de Participa Cerveira Tomiño, garantindo a transparencia do proceso participativo. Esta votación popular servirá para elixir os dous proxectos preferidos pola cidadanía, proxectos que serán desenvolvidos en 2020 en que contarán cada un cun orzamento de 10.000 euros.

Dotado con 20.000 euros, o OPT é unha das prioridades da Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas marxes do río Miño. É un proxecto cofinanciado en 75% polo programa INTERREG VA POCTEP de cooperación transfronteiriza, a través de fondos FEDER da Unión Europea.

LISTA DE PROXECTOS

“As Rotas Minho/Roteiros Miño”: busca unir dous países a través das andainas para poder coñecer camiñando polos dous territorios a nivel paixasístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural. Os seus promotores son o Clube Celtas do Minho e Carlos Xabier Oliveira Ortega.

“Intercambio interxeracional”: procura promover a interrelación entre nenos, nenas e maiores institucionalizados, con sesións de intercambio de experiencias, anécdotas, lingua e coñecementos. Os seus promotores son a Santa Casa da Misericordia de Vila Nova de Cerveira e a súa Creche e Jardim de Infáncia, e a Escola Infantil Mi primer paso.

“Experiencies4all”: ten coma fin a posta en marcha de experiencias guiadas/orientadas nas áreas de patrimonio, turismo, ocio e cultura. Os promotores desta proposta son Patrick Alves Esteves e a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade.

“Pensar o corpo, mover a mente”: propón unha fin de semana de actividades deportivas, artísticas e de ocio para todos os públicos. Os seus promotores son o Club de Fitness de Cerveira CITIUS Fit (Asociación sen fins lucrativos) e a Asociación Sociocultural Senraia.

 “Unha pinga de auga”: busca dar a coñecer o patrimonio inmaterial relacionado coa auga dos dous municipios a través de talleres, visitas e actividades dirixidas á poboación máis nova. Ten como promotores a Coxapo e á Associaçao Amigos dos Espaços Naturais de Reboreda.

A web de votación recolle información máis ampla sobre cada unha das candidaturas.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego