logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Cerveira-Tomiño presente na III edição dos Olympics4All em Viana
13 Setembro, 2017
Prorrogado prazo para apresentação de propostas para a travessia pedonal Cerveira – Tomiño
16 Outubro, 2017

Cerveira e Tomiño celebran a primeira Festa da Amizade

20 Setembro, 2017

Os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira levan anos colaborando e construíndo toda unha serie de accións para promover en conxunto. Neste marco promoveuse a Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza entre ambos municipios, que recentemente obtivo fondos europeos FEDER a través do programa INTERREG VA POCTEP.

Entre as iniciativas compartidas que se contemplan na devandita axenda de cooperación, atópase o Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT), onde entidades, asociacións e particulares de ambos lados do Miño propoñen a realización de accións diversas no ámbito da cultura, o deporte, a educación, o medio ambiente, etc. Posteriormente,  as persoas residentes de ambos muncipios elixen unha iniciativa de cada categoría mediante votación popular a través da web do programa, participacerveiratomino.eu.

Gañadora OPT

A Festa da Amizade foi seleccionada entre as accións do OPT na súa primeira edición, e celebrarase este fin de semana, desde o venres 22 ao domingo 24 cunha variada oferta de lecer, artística e cultural. O venres terá lugar a cerimonia de apertura a partir das 20:30h coa actuación do Coro Infantil de Tomiño e o Coro Infantil Pauta de Caprichos de Vila Nova, seguido dunha mostra das asociacións. Chegada a noite, ás 21:30h dará comezo un encontro musical a cargo da Agrupación Musical de Goián e da Academia de Música Fernandes Fao.

O sábado 23 seguirá con oferta para todos os gustos, con actividades como a actividade de bautismo no Miño onde todas as pesoas interesadas poderán remar en pirauga e/ou kaiak, teatro, obradoiros de teatro para infancia e público adulto, presentación do libro MAMÁ, QUIERO SER DJ, arte urbana e moito máis, que finalizará pola noite cunha sesión de DJs de ambas marxes.

O domingo rematará esta primeira Festa da Amizade cunha andaina transfronteiriza pensada para dar a coñecer o patrimonio histórico ligado ao Miño e ás súas fortalezas ribeireñas con saída da fortaleza de San Lourenzo ás 12h e regreso dende Cerveira en barco ás 13h.

O programa pódese consultar na web de ambos municipios, e non é necesario inscribirse para participar (a excepción da masterclass de DJ).

Novas relacionadas

28 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño ten novas Valedoras Transfronteirizas


Ler máis
19 Decembro, 2022

Cerca de 900 mozos e mozas elixen a organización de xogos e actividades musicais transfronteirizas para o 2023


Ler máis
A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas
16 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego