logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Informe B-Solutions
As dificultades para a mobilidade transfronteiriza de menores denunciadas polas Valedoras da Cidadanía, entre os casos destacados do informe B-Solutions
20 Xullo, 2020
Os orzamentos participativos transfronteirizos gañan o premio Autarquía do Ano 2020
Os orzamentos participativos transfronteirizos gañan o premio Autarquía do Ano 2020
3 Agosto, 2020

Cerveira e Tomiño presentan unha guía para a promoción conxunta do sector da flor e planta ornamental

28 Xullo, 2020
Cerveira e Tomiño presentan unha guía para a promoción conxunta do sector da flor e planta ornamental

A alcaldesa de Tomiño e o presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira mantiveron esta mañá unha reunión de traballo con representantes das asociacións profesionais acuBam (Asociación de Cultivos Baixo Miño) e Associação Portuguesa de Produtores de Plantas e Flores Naturais (APPPFN), na que se presentou a publicación

 

Os rexedores locais dos concellos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, Fernando Nogueira e Sandra González, respectivamente, aproveitaron unha reunión de traballo con representantes de asociacións do sector da agricultura de ambos países, para presentar a Guía para a Promoción do Sector Agrario: Flor e planta ornamental, un dos resultados do traballo de dinamización económica transfronteiriza impulsado pola Axenda Estratéxica de Cooperación da Eurocidade. 

A edición da devandita guía culmina varias iniciativas de traballo conxunto dos dous concellos, con participación de empresas e centros educativos de ambos os dous lados da fronteira galego-portuguesa do Río Miño. Así, na Mostra de Cultivos do Baixo Miño de 2019 celebrouse un encontro transfronteirizo sobre formación e emprego que reuniu, canda socios de acuBam e APPPFN, o IES Antón Alonso Ríos e a Escola Agraria de Ponte de Lima. Posteriormente, o pasado mes de setembro, 30 empresas da península e doutros tres países europeos (Reino Unido, Bélxica e Franza) participaron dunha Misión Comercial inversa que explorou posibilidades de negocio e de proxección exterior co tecido produtivo transfronteirizo. 

Cerveira e Tomiño presentan unha guía para a promoción conxunta do sector da flor e planta ornamental

A publicación (cuxa publicación estaba prevista inicialmente para a Mostra de Cultivos 2020, que por mor da crise do coronavirus tivo que suspenderse), recolle as conclusións destas actividades e información básica tanto sobre a dimensión do sector no Baixo Miño e no norte de Portugal como sobre os centros educativos e titulacións relacionados coa agricultura no territorio da Eurorrexión. A guía, dispoñible para descarga aquí, informa tamén de eventos como a Mostra de Cultivos do Baixo Miño ou a Lusoflora e dá conta dos esforzos pola innovación das empresas implicadas neste sector produtivo.

Finalmente, un capítulo resume retos e compromisos do sector agrario para un desenvolvemento sostible en base aos 17 Obxectivos establecidos pola ONU neste ámbito. A Guía péchase cun directorio de empresas. 

Impulsar a recuperación da economía

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, agradeceu a colaboración das asociacións profesionais e expresou o seu desexo de que nas actuais circunstancias de crise sociosanitaria, a guía poida ser útil para impulsar a recuperación da economía na que o sector agrícola vencellado ao viveirismo, a hortofroticultura e a flor cortada ocupa un lugar primordial. “ É importantísima a labor que estades desempeñando para xerar esa sinerxia de coñecemento mutuo tan necesaria para mellorar, sobre todo, neste momento fundamental para o desenvolvemento sostible do sector”.

Fernando Nogueira, pola súa banda, felicitou tamén ás dúas asociacións implicadas no proxecto, salientando a importancia do mantemento e ornamentación dos espazos verdes. “Para nós, o desenvolvemento económico debe basearse na complementariedade e non se pode entender sen a colaboración entre institucións públicas, axentes económicos e sociais. Por iso, contar con asociacións profesionais activas e eficaces, como acuBam (Asociacións de Cultivos do Baixo Miño) ou a Associação Portuguesa de Produtores de Plantas e Flores Naturais (APPPFN) é unha garantía para o futuro económico da Eurocidade”, explicou.

O proxecto Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño está cofinanciada ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP  a través de fondos FEDER da Unión Europea.

 

Descargar guía aquí

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego