logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas de actividades
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
VIII Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández
Cerveira e Tomiño convocan un centenar de artistas ao 8º Certame de Pintura Antonio Fernández
17 Xullo, 2020
Cerveira e Tomiño presentan unha guía para a promoción conxunta do sector da flor e planta ornamental
Cerveira e Tomiño presentan unha guía para a promoción conxunta do sector da flor e planta ornamental
28 Xullo, 2020

As dificultades para a mobilidade transfronteiriza de menores denunciadas polas Valedoras da Cidadanía, entre os casos destacados do informe B-Solutions

20 Xullo, 2020
Informe B-Solutions

Informe B-Solutions

A Comisión Europea recolle no seu compendio de cooperación transfronteiriza un informe con propostas para simplificar a libre circulación infantil e xuvenil entre Tomiño e Cerveira en intercambios escolares e culturais.

O informe do experto da UE José Manuel Sobrino suxire a creación dun modelo de autorización piloto para áreas transfronteirizas e tratar o tema no vindeiro Cumio Ibérico.

 

Obstáculos legais insostibles que minan “un dos obxectivos principais das Eurocidades” e que “frean a cooperación transfronteiriza e nos levan lonxe do ideal dunha cidadanía europea”. Así describe a Comisión Europea os problemas de mobilidade transfronteiriza de menores, no informe elaborado tras a visita de campo do experto José Manuel Sobrino no marco dun proxecto B-Solutions, presentado conxuntamente pola Eurocidade Cerveira-Tomiño e a AECT Galicia-Norte de Portugal como consecuencia do informe das Valedoras da cidadanía transfronteiriza sobre a eliminación de barreiras para a libre circulación de menores entre países veciños para realizar intercambios culturais, deportivos e educativos.

Este informe aparece agora recollido no compendio da Comisión Europea dos proxectos presentados ao proxecto B-Solutions, nos que se fai unha análise dos 43 casos identificados durante as dúas primeiras convocatorias, detallando a descrición xeral das solucións propostas en diferentes áreas temáticas e as conclusións principais.

Os problemas de mobilidade na Eurocidade

Tras visitar Tomiño e Cerveira, o experto da UE José Manuel Sobrino identificou a orixe do obstáculo á libre circulación de menores nos procedementos legais e administrativos actuais de ambos estados, unhas barreiras administrativas que afectan a 2.500 menores na Eurocidade Cerveira-Tomiño. Dous marcos normativos, creados para protexer aos intereses dos menores no estranxeiro, que, cando son aplicados “a espazos transfronteirizos como o da Eurocidade Cerveira-Tomiño, no que se dá unha grande integración e interacción territorial, social e humana, entorpecen o pleno desenvolvemento e formación dos nenos e nenas, limitando as súas posibilidades de beneficiarse das oportunidades que se presentan a ambos lados da fronteira no terreo educativo, cultural, deportivo e de lecer”. Unhas limitacións que, segundo o informe, tamén imposibilitan o uso apropiado e eficiente das infraestruturas e servizos existentes na rexión.

O experto salienta que os requirimentos administrativos actuais consumen tempo e cartos e se converten en “insalvables e moi gravosos dende o momento en que o tránsito deixa de ser esporádico e pasa a converterse en continuado ou frecuente nunha contorna transfronteiriza” cunha fronteira separada por apenas 200 metros. Isto dificulta a converxencia entre Tomiño e Cerveira, impedindo que “o efecto fronteira sexa percibido como unha oportunidade para o desenvolvemento territorial e socioeconómico da zona”.

Propostas

Por todos estes motivos, a Comisión Europea propón no seu informe simplificar e “flexibilizar” as indicacións administrativas necesarias para a mobilidade transfronteiriza de menores non acompañados que cruzan as fronteiras entre España e Portugal para realizar intercambios culturais, deportivos e educativos. Ademais, suxire a creación dun modelo de autorización piloto para a Eurocidade que podería exportarse “a outras fronteiras interiores europeas nas que tamén aparecen estes obstáculos xurídicos e administrativos”.

Trataríase dun modelo de autorización específico para as zonas transfronteirizas que debería contar cunha maior duración no tempo, a posibilidade de ser empregada en varias ocasións e estar circunscrita a un territorio transfronteirizo específico como podería ser a Eurocidade. Ademais, suxire que para actividades reguladas como pode ser clases extraescolares ao outro lado da fronteira, a autorización podería ir acompañada dun documento do centro educativo, cultural ou deportivo no que o/a menor realice as actividades. Por outro lado, recomenda que no caso portugués a flexibilidade da autorización contemple outros aspectos como a modificación da lei portuguesa para requirir só a sinatura dun dos dous proxenitores ou titores e eliminar a certificación legal da sinatura, así como considerar a diminución do prezo do propio documento de autorización.

Finalmente, o informe recolle a proposta de levar esta problemática ao vindeiro Cumio Ibérico,   xa que o considera o escenario ideal para chamar a atención das administracións xerais sobre este tema e abordalo dun xeito práctico e útil.

Share this...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Pin on Pinterest
Pinterest
Share on LinkedIn
Linkedin
Email this to someone
email

Novas relacionadas

5 Xaneiro, 2021

Cerveira e Tomiño promoven unha nova edición do Simposio Internacional de Escultura do Miño


Ler máis
O AECT busca unificar os criterios da Xunta e do goberno luso para actuar no espazo 'Rede Natura 2000' do río Miño
20 Novembro, 2020

O AECT busca unificar os criterios da Xunta e do goberno luso para actuar no espazo ‘Rede Natura 2000’ do río Miño


Ler máis
A aposta pola conexión ferroviaria e polo protagonismo dos territorios da fronteira marcan as II Xornadas da Amizade
11 Novembro, 2020

Infraestruturas e fluidez nas relacións diarias, claves para a cohesión dos territorios transfronteirizos


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020
cerveira@eurocidadecerveiratomino.eu



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03
tomino@eurocidadecerveiratomino.eu

Galego
  • Português
  • Galego
Esta páxina utiliza testemuños e outras tecnoloxías para que poidamos mellorar a súa experiencia no noso sitio:AceptarRexeitarMáis información