logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
O Comité das Rexións da Unión Europea publica o Informe das Valedoras sobre o impacto do peche da fronteira do Río Miño
O Comité das Rexións da Unión Europea publica o Informe das Valedoras sobre o impacto do peche da fronteira do Río Miño
13 Xullo, 2020
Informe B-Solutions
As dificultades para a mobilidade transfronteiriza de menores denunciadas polas Valedoras da Cidadanía, entre os casos destacados do informe B-Solutions
20 Xullo, 2020

Cerveira e Tomiño convocan un centenar de artistas ao 8º Certame de Pintura Antonio Fernández

17 Xullo, 2020
VIII Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández

VIII Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández

Celebrarase o domingo 16 de agosto de forma simultánea nas vilas fronteirizas de Tomiño e Vila Nova de Cerveira. 

O evento internacional conta coa colaboración do Concello de Tomiño, da Comunidade de Montes de Goián e da Fundação Bienal de Arte de Cerveira.

 

O Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández cruza o río Miño da man da Eurocidade Cerveira-Tomiño, por segunda vez.

O certame, que chega á súa oitava edición, celebrarase o domingo 16 de agosto de 2020, cunha novidade moi importante: ábrese a participación a menores de 18 anos, con dúas novas categorías: xuvenil (de 13 a 17 anos) e infantil (de 6 a 12 anos).

Un ano máis, o tema do certame será calquera paisaxe do percorrido establecido no plano que cada participante deberá descargar ao realizar a súa inscrición premendo aquí.. O procedemento e a técnica de pintura serán libres. A obra deberá realizarse in situ, ao aire libre, e do natural (non se permite a utilización de fotografías).

A inscrición será gratuíta e farase ata o 12 de agosto (inclusive), a través dos formularios habilitados na web e por rigorosa orde de inscrición. Debido as actuais circunstancias derivadas da COVID-19 a inscrición este ano só poderá facerse de maneira online. Non se permitirán as inscricións presenciais o día do certame.

Novidades

Outra novidade é que por primeira vez haberá limitación de prazas, dispoñéndose dun centenar de lugares, repartidos da seguinte maneira: 25 prazas modalidade infantil (6 a 12 anos); 25 prazas modalidade xuvenil (13 a 17 anos), e 50 prazas categoría adulta (a partir de 18 anos).

As persoas inscritas deberán presentarse o día do certame entre as 9:30 e 11:30 horas (8:30 e 10:30h de Portugal) na Aula Museo Antonio Fernández na praza Pintor Antonio Fernández de Goián – Tomiño, co obxecto de que a organización sele e numere o soporte. Os participantes deberán manter en todo momento a distancia de seguridade e cumprir coas normas sanitarias establecidas para a prevención da COVID19.

Todas as persoas participantes poderán crear as súas obras nos espazos situados na contorna da parroquia de Goián (Tomiño) e Cerveira (Portugal).

O xurado, composto por personalidades vinculadas co mundo das artes e por membros das entidades patrocinadoras dos premios, emitirá o fallo ás 18:30 horas (17:30hPT).

Premios

Establécense os seguintes premios:

Categoría adultos:

  • 1º Premio: 1.500 euros.
  • 2º Premio: 500 euros.
  • 3ª Premio: 500 euros.

Categoría infantil:

  • 1º Premio: Diploma e bono por valor de 50€ para gastar na Bienal de Cerveira.
  • 2º Premio: Diploma e material de debuxo e pintura por valor de 25€

Categoría xuvenil:

  • 1º Premio: Diploma e bono por valor de 100€ para gastar na Bienal de Cerveira.
  • 2º Premio: Diploma e material de debuxo e pintura por valor de 50€

Na categoría adultos o 1º premio será con cargo ao orzamento do Concello de Tomiño, o 2º Premio correrá a cargo da Comunidade de Montes de Goián, e o 3º, a cargo da             Fundação Bienal de Arte de Cerveira. Nas categorías infantil e xuvenil os primeiros premios correrán a cargo da Fundação Bienal de Arte de Cerveira e os segundos do Concello de Tomiño.

As bases completas poden consultarse aquí.

A concelleira de Eurocidade, Mocidade e Participación Infantil, Fátima Rodríguez, explica que este certame forma parte das actividades desenvolvidas pola Eurocidade ao abeiro da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego