logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A Eurocidade Cerveira-Tomiño, seleccionada para a campaña de comunicación #EUinmyregion
A Eurocidade Cerveira-Tomiño, seleccionada para a campaña de comunicación #EUinmyregion
29 Xuño, 2020
VIII Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández
Cerveira e Tomiño convocan un centenar de artistas ao 8º Certame de Pintura Antonio Fernández
17 Xullo, 2020

O Comité das Rexións da Unión Europea publica o Informe das Valedoras sobre o impacto do peche da fronteira do Río Miño

13 Xullo, 2020
O Comité das Rexións da Unión Europea publica o Informe das Valedoras sobre o impacto do peche da fronteira do Río Miño

O obxectivo do texto é promover medidas de apoio e adoptar mecanismos exclusivos das Eurocidades para evitar situacións como as vividas

 

O Comité das Rexións da Unión Europea @EU_CoR vén de publicar o informe realizado polas Valedoras/Provedoras Transfronteirizas Cerveira-Tomiño. sobre o impacto do peche da fronteira do Río Miño durante a recente crise sanitaria provocada polo Covid-19.

A publicación, titulada “O impacto do peche da fronteira do Miño debido á crise do COVID-19, Vila Nova de Cerveira (Portugal) e Tomiño (España)”, pode consultarse (en inglés) clicando aquí.

Na mesma, comézase explicando que “a evidencia dun pasado histórico común entre Galiza e Portugal vese claramente na boa relación actual social, económica, administrativa, comercial e cultural. Neste contexto, novas entidades transfronteirizas, coma a Eurocidade Cerveira-Tomiño  ou a AECT Río Miño, promoven a unión das poboacións separadas por apenas 200 metros do río Miño, contribuíndo ao establecemento dun espazo común  con máis igualdade e mellor calidade de vida. Neste contexto, o peche da fronteira durante a crise do COVID-19 provocou cambios significativos nas vidas dos e das residentes da fronteira galego-portuguesa, que nunca se viron nos últimos 30 anos, cortando as súas actividades diarias polo medio. Para reunir e avaliar todos os danos causados, as valedoras/provedoras recolleron información sobre o que significou o peche das fronteiras para unha poboación acostumada a convivir diariamente”.

Coma se reflicte en dito informe, as alteracións na actividade laboral dos traballadores e traballadoras transfronteirizos polo peche das fronteiras, en termos de distancia, tempo e custos, representa o 45% dos 250 testemuños en primeira persoa, recollidos en apenas catro días a través dun cuestionario publicado no Facebook de Eurocidade Cerveira-Tomiño.

A metade da súa dinámica económica e social

En máis de 30 anos, a vida cotiá dos habitantes do territorio transfronteirizo galego-portugués nunca foi tan prexudicada como nos últimos meses de peche das fronteiras, cunha redución da metade de toda a súa dinámica económica e social.

Entre as principais perdas mencionadas no informe está o cambio na actividade laboral dos traballadores transfronteirizos da rexión de Miño que, debido á limitación a un único punto de paso na fronteira de Valença e Tui, véronse obrigados a percorrer centos de quilómetros diarios, máis horas na estrada e aumentos de custos para facer as viaxes necesarias para chegar ao traballo.

Neste senso, incluíronse varias historias compartidas que evocan a imposibilidade de usar, durante a crise, servizos esenciais, concretamente educativos (colexios) ou saúde pública (consultas médicas e veterinarias) e a indisponibilidade de servizos ou equipos de ámbito deportivo, comercial ou cultural accesibles ao outro lado do río Minho.

O texto aborda os efectos económicos negativos do peche da fronteira, ben ao limitar as relacións laborais e comerciais, cunha redución de ata o 70% nos clientes, perdas de emprego ou dificultade para subministrar material para determinadas empresas, así como polos custos extraordinarios derivados da distancia ao punto único aberto ou á necesidade de alugar residencias provisionais. Non obstante, tamén hai cidadáns transfronteirizos con graves dificultades para manter relacións e coidados familiares (familias separadas, persoas maiores sen antecedentes familiares, entre outras).

O obxectivo do devandito informe, agora publicado pola UE, é reducir inmediatamente estas perdas, promover medidas de apoio e recuperación específicas para o territorio e adoptar mecanismos exclusivos das Eurocidades para evitar situacións nocivas como as vividas nesta crise.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego