logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A mellora da mobilidade transfronteiriza infanto xuvenil será estudiada pola Comisión Europea a iniciativa de Cerveira e Tomiño
11 Xuño, 2019
Toñi Vicente cociñará no Mercado Municipal de Tomiño
27 Xuño, 2019

Este verán os nenos e nenas de Tomiño 
e Cerveira moveranse coa Eurocidade

17 Xuño, 2019
Programa de actividades infantis Móvete nas vacacións

En xullo celebrarase ‘Mexe-te nas férias | Móvete nas vacacións’, un proxecto con actividades deportivas, xogo libre e visitas a espazos culturais de Portugal para rapaces e rapazas ata 12 anos

Trátase dunha das propostas gañadoras do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2019

 

Achegar espazos de convivencia para a poboación infantil de Tomiño e Cerveira e ofertar alternativas de conciliación laboral para as familias ao remate do período escolar. Eses son os dous obxectivos principais de ‘Mexe-te nas férias | Móvete nas vacacións’, un programa con actividades deportivas, xogo libre e visitas a espazos culturais de Portugal realizado ao abeiro da Eurocidade Cerveira-Tomiño e que se celebrará o vindeiro mes de xullo.

Este proxecto, escollido como un dos gañadores nas votacións do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2019, está promovido polas Associaçoes de Pais e Nais dos Centros Escolares Norte e da Vila (Cerveira) e a Mesa de ANPAS dos Centros educativos de Tomiño. Todas as actividades desenvolveranse os luns, mércores e venres dende o 8 ao 31 de xullo e está destinado a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos, aínda que en Cerveira tamén estará aberto a nenos e nenas de 3 a 6 anos.

Durante ese mes os e as participantes poderán desfrutar de actividades como cun circuito Eco-Green, actividades de aventura, búsquedas do tesouro, ximnasia acrobática, bádminton, mini trails, baile, xogos na praia, concursos, dun torneo de baloncesto na Praia, probar o surf, xogos acuáticos… e un sinfín de actividades coas que se busca entreter aos nenos e nenas dun xeito activo e divertido. As actividades desenvolveranse en diversos espazos: no ATL Reboreda, no Parque de Lazer do Castelinho, no Convento de Sanpayo, na piscina municipal, no monte da Atalaia e na Pista Municipal de Atletismo de Cerveira, así como no Centro Hípico de Melgaço, Vila Praia de Âncora ou na praia do Camarido, entre outros.

Novas actividades en outubro

O vindeiro mes de outubro está previsto a posta en marcha do outro proxecto gañador do OPT 2019, actividades artísticas e medioambientais, de novo dirixidas ao público infantil. Serán actividades coas que se tratará de educar en valores como o coidado e o respecto ao medio ambiente mediante visitas guiadas a unha granxa escola, sensibilizar aos máis pequenos e pequenas na ecoloxía mediante a vivencia e contacto co medio natural e rural da contorna xeográfica e fomentar o interese polo arte e a creatividade mediante actividades de experimentación con materiais de refugallo. Ademais, o proxecto volverá buscar a aproximación entre nenos e nenas de Vila Nova de Cerveira e Tomiño.

Estas actividades estarán dirixidas a dous grupos de idade: a nenos e nenas de 3 a 6 anos, que farán visitas a unha granxa escola onde coñecer os animais, a horta, as áreas de compostaxe, a zona da prehistoria, a queixería e as áreas de enerxías renovables e orientación; e a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos, que realizarán actividades artísticas como talleres con materiais de refugallo.

Orzamento Participativo Transfronteirizo

Estes programas de actividades realízanse ao abeiro da Eurocidade Cerveira-Tomiño a través do Orzamento Participativo Transfronteirizo, unha iniciativa pioneira na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e unha das prioridades da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño. Con esta axenda estratéxica preténdese potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas marxes do río Miño, implicando á veciñanza de Cerveira e Tomiño na procura de solucións conxuntas para necesidades comúns. É un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP a través de fondos FEDER da Unión Europea.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego