logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A mocidade protagonizará a nova edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo
A mocidade protagonizará a nova edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo
27 Outubro, 2022
O Orzamento Participativo Transfronteirizo dá voz á mocidade
O Orzamento Participativo Transfronteirizo dá voz á mocidade
30 Novembro, 2022

Interese irlandés pola experiencia de participación pública da Eurocidade Cerveira-Tomiño

28 Outubro, 2022
Interese irlandés pola experiencia de participación pública da Eurocidade Cerveira-Tomiño

O director do Centre for Cross Border Studies, Anthony Soares, mantivo un encontro coa alcaldesa de Tomiño, o presidente de Cerveira e o equipo técnico para analizar as iniciativas postas en marcha pola Eurocidade

Impresionado por como a “participación cívica está no corazón de cada paso que se dá na conformación da cooperación transfronteiriza na Eurocidade Tomiño-Cerveira”. Así o expresaba nunha rede social ao remate da xornada Anthony Soares, director do Centre for Cross Border Studies CCBS de Armagh, en Irlanda do Norte, que visitou onte Tomiño e Cerveira para coñecer en detalle a experiencia da Eurocidade, pola que se interesara tras a participación da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, no Borders Forum de París en xuño, onde a rexedora intervira nunha mesa de debate sobre o papel da mocidade e da sociedade civil na construción dos territorios transfronteirizos.

“Foi un pracer recibir a Anthony Soares e percibir o seu grande interese por todas as experiencias de participación pública que estamos levando a cabo dentro da Eurocidade. Foi unha xornada intensa na que intercambiamos ideas e que abre moitas posibilidades futuras de aprendizaxe mutua”, salientaron a rexedora tomiñesa e o presidente da Câmara municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, durante o encontro, que contou tamén coa participación de parte do equipo técnico da Eurocidade.

A xornada comezou analizando o programa de traballo da Eurocidade Cerveira-Tomiño, dende o proceso participativo en curso para a elaboración da Axenda 2030 ata os instrumentos de gobernanza conxunta, os servizos e actividades compartidas ou a figura das Valedoras para a Cidadanía Transfronteiriza. Durante o encontro abordaronse ademais: o Orzamento Participativo Transfronteirizo, que celebrará este 2023 unha nova edición protagonizada pola mocidade; as iniciativas conxuntas para a dinamización económica; a participación en redes de cooperación e proxectos europeos ou os obstáculos que se ambos os dous concellos atopan no día a día na súa cooperación transfronteiriza. Tamén se analizaron as posibilidades de colaboración futura entre o CCBS e a Eurocidade.

Despois deste encontro na Casa do Concello de Tomiño, o equipo técnico da Eurocidade Cerveira-Tomiño acompañou Anthony Soares a unha visita polo Espazo Fortaleza para darlle a coñecer o proxecto do futuro Parque da Amizade. Tras o xantar, o director do CCBS reuníuse tamén en Valença co secretariado da AECT Rio Minho.

Fundado en 1999, o Centre for Cross Border Studies é unha organización independente que traballa ao abeiro do compromiso de cooperación transfronteiriza que forma parte dos Acordos de Paz de Belfast para a contribución ao aumento da cohesión social, económica e territorial na fronteira entre a República de Irlanda e Irlanda do Norte como parte do proceso de paz e reconciliación, así como para fomentar a cooperación entre Irlanda, Gran Bretaña e Europa para aumentar o entendemento mutuo, a prosperidade e o benestar.


Novas relacionadas

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade
21 Setembro, 2023

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade


Ler máis
Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica
19 Setembro, 2023

Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica


Ler máis
21 Agosto, 2023

Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego