logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Troféu do VIII Triatlo da Amizade fica em Vila Nova de Cerveira
7 Outubro, 2014
I Simposium de Escultura do Miño
Tomiño e Vila Nova de Cerveira acollen o I Simposium de Escultura do Miño
3 Novembro, 2014

Máis de 130 deportistas galego-portugueses participarán no VIII Triatlón da Amizade

7 Outubro, 2014
VIII Tríatlon da Amizade 2014

A proba, que terá lugar o vindeiro domingo, foi presentada hoxe no Concello de Tomiño polos alcaldes dos municipios fronteirizos e o vicepresidente da Federación Galega de Triatlón (FEGATRI).

Máis de 130 deportistas daranse cita este domingo, 28 de setembro, na oitava edición do Triatlón da Amizade, organizado conxuntamente polo Concello de Tomiño e a Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, en colaboración coas federacións de triatlón galega e portuguesa.

Como en anos anteriores, a competición terá unha proba infantil (de 9 a 16 anos) con percorridos adaptados e saída nas inmediacións do Espazo Fortaleza sobre as 11 da mañá. Para esta actividade hai inscritos case 40 nenos e nenas.

VIII Tríatlon da Amizade 2014

Pola tarde, ás 16.00 horas (hora española) terá lugar a saída da proba principal dende a Praia Castelinho (Vila Nova de Cerveira). Os atletas terán que nadar polo río ao longo de 750 metros ata chegar á primeira zona de transición situada na Praia de Goián (Tomiño). A continuación terá lugar a proba de bicicleta, que transcorrerá nas inmediacións do Espazo Fortaleza, cunha distancia total de case 20 km.

Por último, os deportistas chegarán novamente a Cerveira, a través da Ponte Internacional da Amizade, e comezarán a última etapa da proba, a carreira a pé, a través de 5 km. con chegada na propia vila lusa.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego