
Ciencia e cooperación únense en Tomiño para defender o futuro do río Miño
16 Novembro, 2025
A Eurocidade capta 400.000€ de fondos europeos para impulsar o Parque Agroindustrial
29 Decembro, 2025Mizzi enche de maxia o Nadal en Tomiño

A mascota da Eurocidade Cerveira-Tomiño protagonizou unha tarde de música, xogo e diversión familiar no centro da vila
A ilusión non entende de fronteiras, e este Nadal volveu demostrarse no corazón de Tomiño. O pasado venres 26 de decembro, Mizzi, a lontra mascota da Eurocidade Cerveira-Tomiño, visitou o centro da vila para coñecer aos cativos e cativas e seguir descubrindo os espazos de interese do territorio transfronteirizo.
A actividade, integrada na programación de Nadal, converteuse nun auténtico punto de encontro para as familias, que gozaron dunha tarde chea de música e diversión coa participación da Gramola Gominola, nun formato pensado para mesturar xogo, ritmo e descubrimento nun ambiente festivo e acolledor.
A presenza de Mizi espertou a curiosidade e o entusiasmo dos máis pequenos e pequenas, que tiveron a oportunidade de interactuar coa mascota e achegarse, a través do xogo, ao espírito de colaboración que define a Eurocidade. A iniciativa reforza así o vínculo entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira, promovendo valores de cooperación, convivencia e identidade compartida desde idades temperás.
O evento consolidou a participación da Eurocidade Cerveira-Tomiño no Nadal tomiñés con actividades abertas á participación e á convivencia familiar, apostando por propostas que unen, divirten e constrúen comunidade máis alá do río Miño.
Esta actividade enmárcase na operación 021_REDE_GOV MINHO, cofinanciada ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través de INTERREG V-A POCTEP.



