logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
O IV Simposio Internacional de Escultura do Miño celebrarase do 15 de setembro ao 4 de outubro en Goián
O IV Simposio Internacional de Escultura do Miño celebrarase do 15 de setembro ao 4 de outubro en Goián
15 Marzo, 2021
Fronteiras Portugal/Espanha: A luz ao fundo do túnel
Fronteiras Portugal/España: A luz ao fondo do túnel
3 Maio, 2021

Muller con emprego na industria, perfil maioritario dos traballadores transfronteirizos afectados polo peche de fronteiras

24 Marzo, 2021
Mulher e com emprego na indústria é o perfil maioritário dos trabalhadores transfronteiriços afetados pelo encerramento de fronteiras

Tras o lanzamento do rexistro online dirixido ás persoas da raia miñota afectadas polo peche de fronteiras entre Portugal e España, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño analizou os 200 testemuños recollidos, de forma voluntaria, entre o 2 e o 18 de marzo, concluíndo que o perfil maioritario incide sobre o sexo feminino e con posto de traballo no sector industrial.

Un dos datos estatísticos máis relevantes é a diferenza significativa no que respecta ao xénero das persoas rexistradas, xa que 62% son mulleres e 37% son homes. En canto ao sector económico prevalecente, a análise efectuada revela que o sector industrial é o que emprega un maior número de persoas (50%), seguido do sector de servizos, do comercio e, finalmente, da administración e servizos públicos.

Grave aumento de distancia e tempo

Cando son preguntados sobre o maior prexuízo provocado polo peche de fronteiras, os testemuños inciden sobre o grave aumento da distancia e tempo no traslado entre a residencia e o local traballo e viceversa, por seren obrigados a facer grandes desvíos da ruta, así como a agardar nos puntos de control. Un 25,29% dos afectados acusa un incremento notable no custo dos seus traslados, algo compatible coa primeira causa; o 12,94% das persoas comunica que a actual situación foi mesmo impeditiva para se presentar ao posto de traballo; e o 1,76% da mostra alegou un prexuízo puramente económico, derivado da diminución do número de clientes oriundos da outra marxe.

O lanzamento deste rexistro voluntario online, e a respetiva análise, revelan que o restablecemento da fronteira entre os dous estados ibéricos, acordado a 31 de xaneiro de 2021, preséntase como un retroceso a todos os niveis para o territorio do río Miño transfronteirizo, en particular polos impactos sociais e económicos, corroborando que ambos os dous gobernos descoñecen a situación real que se vive neste territorio común.

O formulário continúa dispoñible online na web do Smart Minho, solicitando datos relativos ao tipo de prexuízo sufrido polas traballadoras e traballadores transfronteirizos, como perdas de tempo, aumento de custos da viaxe ou redución de clientela. O obxectivo desta recollida é que poidan servir de base reivindicativa de compensacións para o territorio e  ser remitida ás entidades nacionais e europeas competentes.

En vigor polo menos ata o día 5 de abril

O peche da fronteira entre Portugal e España, decretado a 31 de xaneiro deste ano, continuará en vigor polo menos ata o día 5 de abril, manténdose unicamente aberto 24 horas o punto autorizado de Valença-Tui e parcialmente os de Monção- Salvaterra, Melgaço-Arbo e Ponte da Barca- Lóbios, con seis horas diarias para persoas con necesidade para cruzar a raia minhota.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego