logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
O Comité de Xestión Estratéxica da Eurocidade Cerveira-Tomiño define a dinámica para os vindeiros meses
O Comité de Xestión Estratéxica da Eurocidade Cerveira-Tomiño define a dinámica para os vindeiros meses
23 Xuño, 2023
Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández
21 Agosto, 2023

O Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández volve ás rúas de Tomiño e Cerveira

13 Xullo, 2023
O Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández volve ás rúas de Tomiño e Cerveira

Organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño coa colaboración da Fundação Bienal de Arte de Cerveira, o certame celebrarase o domingo 20 de agosto

 

O Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández volve ás rúas de Cerveira e Tomiño. Organizado pola Eurocidade coa colaboración da  Fundação Bienal de Arte de Cerveira, o vindeiro 20 de agosto celébrase a décimo primeira edición deste certame que busca achegar ás e aos amantes da pintura á contorna para que recollan in situ calquera paisaxe do percorrido establecido no mapa.

As persoas interesadas poderán inscribirse de forma gratuíta ata o 18 de agosto a través da páxina web da Eurocidade Cerveira-Tomiño. A inscrición será por rigorosa orde de rexistro e unicamente en liña, non se permitirán inscricións presenciais no propio día do certame. As persoas participantes deberán presentarse o día do certame entre as 09.30 e as 11.30 h (08.30 e 10.30 h de Portugal) na Aula Museo Antonio Fernández de Goián para que a organización sele e numere o soporte que se empregará para a elaboración do cadro.

As obras rematadas serán presentadas, sen asinar e co título no reverso, xunto co cabalete, para a súa exposición na Praza Pintor Antonio Fernánez entre as 17.00 e as 18.00 horas para a súa cualificación por parte do xurado, composto por personalidades vinculadas ao mundo das artes. O fallo emitirase ás 18.30 horas. En total repartiranse máis de 2.600 euros en premios nas tres categorías participantes: infantil, ata 12 anos; xuvenil, de 12 a 17 anos; e persoas adultas. Os premios son outorgados polo Concello de Tomiño, a Fundaçao Bienal de Arte de Cerveira e a Comunidade de Montes de Goián.

As bases completas poden consultarse na páxina web da Eurocidade Cerveira-Tomiño.

Novas relacionadas

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade
21 Setembro, 2023

Máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade


Ler máis
Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica
19 Setembro, 2023

Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica


Ler máis
21 Agosto, 2023

Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego