
O Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández volve ás rúas de Tomiño e Cerveira
13 Xullo, 2023
Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández
21 Agosto, 2023‘Ópera Breaks’s’, un espectáculo revolucionario en Tomiño

A Praza do Seixo de Tomiño acolleu o concerto “Ópera Break’s”, un espectáculo revolucionario que deleitou os sentidos do público cunha fusión de ópera, breakdance, beatbox e DJ.
A soprano Esperanza Mara cantou con emoción acompañada polo colectivo Vella Escola, que asombrou ao público asistente cos seus movementos de breakdance ao ritmo do son clásico orquestrado baixo os pratos do seu Dj. A función contou ademais cun Beatboxer que se sumou á mestura creativa tamén como presentador do show.
Espectáculo enmarcado na operación 021_Rede_Gov, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do INTERREG V-A POCTEP.



