logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
A Eurocidade Cerveira-Tomiño priorizará os proxectos de medio ambiente e xuventude
23 Decembro, 2021
O territorio do Miño reclama que os fondos POCTEP se destinen ás zonas de fronteira
O territorio do Miño reclama que os fondos POCTEP se destinen ás zonas de fronteira
23 Febreiro, 2022

O Secretario de Estado de Medio Ambiente comprométese a liderar ante o Goberno español a posta en marcha do proxecto do Parque da Amizade

7 Febreiro, 2022
O Secretario de Estado de Medio Ambiente comprométese a liderar ante o Goberno español a posta en marcha do proxecto do Parque da Amizade

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, e a alcaldesa de Tomiño mantiveron unha reunión con Hugo Morán

O resultado da reunión mantida en Madrid pola presidenta da Deputación Carmela Silva, o deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, co secretario de estado de Medio Ambiente, Hugo Morán Fernández, non puido ser máis satisfactorio: o representante estatal comprometeuse a liderar e coordinar perante o goberno español a posta en marcha do proxecto do parque e a nova ponte peonil transfronteiriza da Amizade entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira.

A delegación pontevedresa foi a Madrid a poñer sobre a mesa o proxecto, explicando que se trata dunha iniciativa que creará unha ‘euroárea’ de 25,6 hectáreas unida por unha nova ponte peonil e ciclista no punto máis estreito do Miño que permitirá un espazo común público, urbano e de lecer que se constituirá no único parque transfronteirizo da Eurorrexión e dos maiores de toda a Europa.

A receptividade por parte de Hugo Morán foi grande e dende o inicio comprometeuse a liderar e coordinar ante o goberno español unha reunión cos diferentes Ministerios e departamentos que poderían estar implicados no proxecto, tanto dende o punto de vista das relacións internacionais (Exteriores), da cohesión territorial e reto demográfico (MITECO), como da mobilidade (MITMA) -por promover desprazamentos activos-. A partir de aí a intención de Morán será propoñer unha iniciativa multidepartamental conxunta dende o goberno español ao goberno portugués.

En canto ao posible financiamento da proposta, Morán salientou que dado que na actual lexislatura o Goberno español creou a Secretaría Xeral para o Reto Demográfico co obxectivo de desenvolver a Estratexia de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal, o proxecto do parque e a ponte da Amizade “encaixa” nos investimentos dese ámbito. Ademais, apuntou o secretario de Estado, poderíanse buscar tamén fontes de cofinanciamento nos outros ministerios implicados.

Ante esta resposta tan positiva, a representación española en Madrid, manifestou a súa gran satisfacción. A presidenta Carmela Silva confiou no futuro do proxecto e lembrou que naceu do mundo local transfronteirizo  “coa grande ambición” de unir a dous pobos veciños a través do Miño. Destacou que o territorio ten grandes valores medioambientais, culturais, históricos, unha lingua que une, e unha economía moi potente “pola que temos que seguir a traballar para construír futuro”.

Pola súa parte, o deputado Uxío Benítez manifestou que a reunión de onte supón un paso adiante para que o parque e a ponte sexan “unha realidade” e non só un desexo. Lembrou que a Deputación e o AECT seguirán traballando e buscando maneiras para garantir paso a paso a súa viabilidade a pesares da dificultade dun proxecto de tanto alcance que precisa unha tramitación conxunta por parte de dous estados.

Finalmente, a alcaldesa de Tomiño Sandra González subliñou a súa ledicia pola boa acollida por parte de Morán. A nacionalista lembrou que pola parte portuguesa a ministra Ana Abrounhosa xa se comprometera  dúas veces na eurocidade Tomiño-Cerveira a sacar adiante este proxecto porque era “sen dúbida estratéxico, simbólico e singular”. Indicou que “agora na parte do Estado Española xa conseguimos un interlocutor, unha persoa que lidere o procedemento, o que é moi positivo e moi satisfactorio”, dixo, aínda que recoñeceu tamén que o procedemento ata a construción do parque e da ponte da Amizade será complexo porque precisará dun convenio internacional.

Fonte: Deputación de Pontevedra.

Novas relacionadas

23 Xuño, 2022

A Eurocidade reclama en París maior atención aos territorios transfronteirizos


Ler máis
Cerveira e Tomiño renovan a súa estratexia común
6 Xuño, 2022

Cerveira e Tomiño renovan a súa estratexia común


Ler máis
A Eurocidade visita Eslovenia para coñecer a cooperación transfronteiriza da cidade de Nova Gorica
30 Maio, 2022

A Eurocidade visita Eslovenia para coñecer a cooperación transfronteiriza da cidade de Nova Gorica


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego