logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
O alcalde de Panevezys, Rytis Mykolas Račkauskas, xunto coa vereadora Carla Segadaes
A EurocidadeCerveira-Tomiño debate en Lituania sobre os obstáculos legais para a mobilidade transfronteiriza cotiá
14 Setembro, 2022
A EUROCIDADE CERVEIRA-TOMIÑO PROMOVE O DEBATE SOBRE A IGUALDADE SOCIAL
A Eurocidade Cerveira-Tomiño promove o debate sobre a igualdade social
7 Outubro, 2022

Parlamentarios europeos mergúllanse na experiencia de cooperación transfronteiriza da Eurocidade Cerveira-Tomiño

19 Setembro, 2022
Parlamentarios europeos mergúllanse na experiencia de cooperación transfronteiriza da Eurocidade Cerveira-Tomiño

Os eurodeputados visitaron ambos concellos e coñeceron de primeira man o futuro Parque da Amizade, o primeiro parque transfronteirizo de Europa

A Eurocidade Cerveira-Tomiño acolleu este luns a visita dunha delegación composta por 46 persoas e encabezada polos deputados e deputadas do Parlamento integrantes do grupo da Alianza Libre Europea (ALE) Jordi Solé, tamén primeiro vicepresidente da agrupación; a galega Ana Miranda; o francés François Alfonsi; e o italiano Pernicola Pedicini.

Nun encontro coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e coa vicepresidenta da Cámara de Vila Nova de Cerveira, Carla Segadães, a delegación procedente de Bruxelas mergullouse na experiencia de cooperación transfronteiriza da Eurocidade e coñeceu de primeira man o futuro Parque da Amizade, o primeiro parque transfronteirizo de lecer de Europa. “Seguimos traballando para poñer na axenda europea este proxecto de espazo en común que, aínda hoxe sen unión física, está sendo trazado dun xeito cohesionado e complementario”, salientou a rexedora tomiñesa. Unha estratexia común que, engadíu, responde “á vontade dos dous concellos de crear un verdadeiro espazo público europeo e de consolidalo a través da unión peonil e ciclable”.

Visita polo territorio

Tras a visita ao futuro parque transfronteirizo, a delegación visitou a Bienal de Arte de Cerveira para rematar cunha recepción na casa do Concello de Tomiño, no que trasladaron algúns dos exemplos de cogobernanza, participación pública e cooperación transfronteiriza que caracterizan á Eurocidade Cerveira-Tomiño.

A visita ten por obxectivo achegarse á realidade sociopolítica galega dentro dun proxecto de “apoio aos sectores produtivos, avaliación da situación da cooperación transfronteiriza e de modelos de xestión dos concellos, así como do emprego de fondos europeos”, como explicou a eurodiputada Ana Miranda.

O Grupo da Alianza Libre Europea (ALE) no Parlamento Europeo reúne aos eurodeputados e eurodeputadas que promoven a causa das nacións, rexións e minorías desfavorecidas sen estado de Europa. A favor dunha Europa dos pobos, promoven a diversidade cultural e lingüística na Unión Europea. Membros do Grupo Verdes/Alianza Libre Europea, conforman un grupo parlamentario común cos Verdes de Europa dende 1999, o cuarto grupo en importancia na cámara europea con 71 deputados e deputadas.

Novas relacionadas

28 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño ten novas Valedoras Transfronteirizas


Ler máis
19 Decembro, 2022

Cerca de 900 mozos e mozas elixen a organización de xogos e actividades musicais transfronteirizas para o 2023


Ler máis
A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas
16 Decembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego