logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Projeto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Agenda Estratégica
    • Parque da Amizade
    • Documentação
    • About us
  • Participação
    • OPT
    • Provedoras
  • Serviços
    • Serviços partilhados
    • Atividades
    • Agendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economia
  • Notícias
  • Contacto
Português
  • Galego
✕
Catrocentos escolares de educación infantil de Tomiño e Cerveira visitan unha granxa-escola
Quatrocentos crianças de Cerveira e Tomiño visitaram quinta pedagógica
2 Dezembro, 2019
A Eurocidade Cerveira-Tomiño premiada pola creación das Valedoras da cidadanía transfronteiriza
Eurocidade Cerveira-Tomiño premiada no México com a figura das provedoras da cidadania transfronteiriça
11 Dezembro, 2019

Tomiño e Cerveira clausuran o programa ‘Deporte para todas as persoas’ con grande éxito de participación

10 Dezembro, 2019
Tomiño e Cerveira clausuran o programa ‘Deporte para todas as persoas’ con grande éxito de participación

Máis de 100 persoas de cada municipio asistiron ás actividades que se desenvolven nas dúas marxes, organizadas pola Eurocidade Cerveira-Tomiño

 

Coa chegada do mes de decembro, remataron as clases do programa transfronteirizo ‘Deporte para todas as persoas’, organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño en instalacións municipais de ambos os dous concellos. Máis de 100 persoas tomiñesas participaron nos cursos de ximnasia de mantemento e pilates que cada semana desenvolvéronse en Sobrada (mércores), Tomiño (xoves) e Tebra (venres) e que suscitaron grande interese entre a poboación.

E outro tanto sucedeu en Vila Nova de Cerveira, onde outro centenar de persoas participaron tamén en tres grupos de actividades deportivas gratuítas nos IPSS (Institucións Particulares de Solidariedade Social) dirixidas a un perfil de público diferente, especialmente xente de maior idade.

O programa Deporte para toda as persoas, de carácter piloto, incluíu ademais das modalidades deportivas en parroquias de Tomiño e IPSS de Cerveira, actividades de piscina en familia nas instalacións municipais de Cerveira, con natación e iniciación ao medio acuático para nenas e nenos de 3 a 12 anos, e actividades para maiores de 55 anos, todos os martes en Cerveira e os xoves no local da Asociación Vontade de Tomiño. Ambas as dúas tamén cunha boa acollida por parte da poboación.

 

Tomiño e Cerveira clausuran o programa ‘Deporte para todas as persoas’ con grande éxito de participación
Tomiño e Cerveira clausuran o programa ‘Deporte para todas as persoas’ con grande éxito de participación
Tomiño e Cerveira clausuran o programa ‘Deporte para todas as persoas’ con grande éxito de participación

 

Este programa deportivo comezou unha nova tempada en setembro de 2018 e estivo operativo ata novembro deste ano, agás no mes de agosto, no que se fixo un parón estival. Os concelleiros de Deportes e Benestar Social visitaron aos grupos tomiñeses durante a derradeira semana de actividade, e puideron constatar a valoración positiva de alumnas e alumnos e do monitor, quen foron quen de solicitar a continuidade da iniciativa.

Estas actividades deportivas e saudables dirixidas aos veciños e veciñas dos dous municipios forman parte da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

Related posts

28 Dezembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño tem novas Provedoras Transfronteiriças


Read more
19 Dezembro, 2022

Cerca de 900 jovens elegem a organização de jogos e actividades musicais transfronteiriças para o 2023


Read more
A Eurocidade Cerveira-Tomiño lanza unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza sobre problemáticas transfronteirizas
16 Dezembro, 2022

A Eurocidade Cerveira-Tomiño lança um inquérito para conhecer a opinião da vizinhança sobre questões transfronteiriças.


Read more


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Português
  • Português
  • Galego