logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Xa podes usar as bicicletas eléctricas do E-Bike Rio Minho en Cerveira e Tomiño
Xa podes usar as bicicletas eléctricas do E-Bike Rio Minho en Cerveira e Tomiño
11 Xullo, 2022
A Eurocidade colabora no proxecto "As fronteiras do século XXI" da Universidade de Vigo
A Eurocidade colabora no proxecto “As fronteiras do século XXI” da Universidade de Vigo
18 Xullo, 2022

Representantes da Eurocidade presentaron en Bulgaria e Serbia iniciativas en defensa do medio ambiente

13 Xullo, 2022
Representantes da Eurocidade presentaron en Bulgaria e Serbia iniciativas en defensa do medio ambiente

A experiencia de compostaxe de Tomiño e o Aquamuseu de Cerveira protagonistas dunha nova reunión do proxecto BRIDGE

As cidades de Slivnitsa (Bulgaria) e Dimitrovgrad (Serbia) acolleron entre o 19 e o 23 de xuño a cuarta reunión do proxecto Building Relationships into a Democratic Goal for Europe (BRIDGE). A xuntanza internacional, organizada pola Asociación búlgara de Municipios do Suroeste (ASWM), analizou proxectos de éxito no ámbito das actividades sociais, culturais, ecolóxicas e civís dos diferentes socios do proxecto.

Representantes da Eurocidade presentaron en Bulgaria e Serbia iniciativas en defensa do medio ambienteNa reunión participaron, ademáis de autoridades públicas locais e nacionais, como a coordinadora da ASWM ou o alcalde da cidade serbia de Dimitrovgrad, representantes da Eurocidade Cerveira-Tomiño e das outras nove cidades integrantes do proxecto. A concelleira de Medio Ambiente tomiñesa Ana Belén Casaleiro e a técnica de biorresiduos Sandra Alonso Fernández presentaron a experiencia de compostaxe e coidado medioambiental levada a cabo polo Concello de Tomiño nos últimos anos.  Por parte da Câmara de Vila Nova de Cerveira participaron, entre outros, Manuela Ferreira, coordinadora do proxecto BRIDGE; Lurdes Cunha, professora; e o director do Aquamuseu, Carlos Antunes.

As representantes da Eurocidade deron conta tamén da intención de expandir as liñas de cooperación transfronteiriza actualizando a Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira–Tomiño (2015), en base ás políticas urbanas da Unión Europea e dos ODS das Nacións Unidas.

Durante o encontro, realizáronse visitas culturais aos lugares máis peculiares e tradicionais da zona, como a cidade de Sofía, a de Dimitrovgrad, o Mosteiro de Poganovo en Serbia ou o Mosteiro de Rila en Bulgaria.

Nos seus 24 meses de duración, o proxecto BRIDGE foi celebrando distintos eventos nos lugares elixidos durante a fase de deseño: o primeiro en Vila Nova de Cerveira e Tomiño en outubro de 2021; o segundo no condado de Borsod-Abaúj-Zemplén/Rozsnyó Város (Hungría-Eslovaquia) en marzo de 2022; o terceiro en Gorizia/Nova Gorica (Italia-Slovenia) en maio de 2022, e o cuarto en Slivnitsa/Dimitrovgrad (Bulgaria-Serbia) en xuño deste mesmo ano. O quinto e último celebrarase en Panevėžys (Lituania)/Daugavpils (Letonia) no vindeiro mes de setembro.

Financiado en 2019 pola Comisión Europea e coordinado polo municipio de Vila Nova de Cerveira (Portugal), o BRIDGE forma parte do programa “Europa cos cidadáns 2014-2020”, concretamente do capítulo “Compromiso democrático e participación cidadá”. O seu obxectivo é promover a cohesión social a través das fronteiras, polo que cada unha das once vilas europeas implicadas debe desenvolver prácticas sólidas e eficaces de cooperación para compartilas con outros socios durante os distintos encontros internacionais.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego