IX EDUCARTE reforça atratividade internacional com presença de escolas do Brasil, Espanha, Itália, Qatar e Portugal
30 Maio, 2019Tomiño presenta en Londres o seu mercado na 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos
7 Xuño, 2019Tomiño e Cerveira celebran a súa II Andaina saludable
A proba, de dificultades moderada, será o domingo 16 de xuño e transcorrerá por terras de ambas as dúas localidades.
Servirá para conmemorar os 15 anos de apertura da Ponte Internacional.
En conmemoración dos 15 anos da apertura da Ponte Internacional da Amizade, entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira, a Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza a súa II Andaina saudable o vindeiro domingo 16 de xuño de 2019.
A proba, chamada Andaina Eurocidade Cerveira-Tomiño, terá unha duración estimada de 2 horas e 30 minutos e transcorrerá por terras de ambas as localidades transfronteirizas. Cunha dificultade media-baixa, sairá ás 10.00h (hora galega) desde o Espazo Fortaleza de Goián, para seguir por Eiras, Ponte da Amizade, Lenta e INATEL, e regresar polo Ponte da Amizade ao Espazo Fortaleza outra vez.
A inscrición é de balde. Só hai que enviar nome e apelidos, número de DNI, data de nacemento e teléfono ao seguinte correo electrónico: geral.manos.sa@gmail.com, antes do 13 de xuño.
Deporte para todas as persoas
A andaina forma parte de Deporte para todas as persoas, un programa de actividades deportivas gratuítas promovidas conxuntamente polos concellos de Tomiño e Cerveira. Este programa de promoción da práctica de exercicio físico inclúe a Piscina en familia, o primeiro sábado de cada mes, para nenas e nenos de 3 a 12 anos acompañados de familiares; actividades para maiores de 55 anos, todos os martes e xoves; e práctica de diversas modalidades deportivas (pilates, ximnasia, zumba, fitness e actividades afíns) en parroquias de Tomiño e nos IPSS (“Instituição Particular de Solidariedade Social”) de Vila Nova de Cerveira.
Deporte para todas as persoas é unha das iniciativas impulsadas pola Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, un proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.