A mobilidade e a comunicación transfronteiriza centra o debate do Focus Group 2 da Axenda Estratéxica para a Cooperación entre Tomiño e Cerveira
21 Novembro, 2014Cooperação transfronteiriça Cerveira-Tomiño recebe primeiro financiamento comunitário
21 Novembro, 2014Tomiño e Cerveira debaten o futuro do río Miño
O primeiro encontro de traballo celebrouse hoxe coa participación de institucións, organismos e colectivos relacionados co río.
Dentro da Axenda Estratéxica para a cooperación transfronteiriza Cerveira-Tomiño 2014-2020, presentada o pasado día 4, comezaron esta mañá os grupos de discusión e debate organizados co fin de formalizar o traballo que xa desenvolven en conxunto ambos os concellos e delinear outros investimentos, para unha maior integración dos municipios na Euro-Rexión.
Coa presenza do presidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira; o tenente de alcalde do Concello de Tomiño, Uxío Benítez; o director do CEER (Centro de Estudos Euro Rexionais) e ex-director xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Rubén Lois, e o director do Aquamuseum de Cerveira, Carlos Antúnez (os dous últimos en calidade de moderadores), inauguráronse os grupos de traballo temáticos, a partir dos cales elaboraranse proxectos concretos, que poderán sustentar a presentación de candidaturas comúns aos fondos comunitarios, orientados principalmente ao Programa de Cooperación Interreg V. A España-Portugal (POCTEP), 2014-2020.
A poñente deste primeiro grupo foi Ana Paula Xavier, coordinadora de “Adriminho”.
Representación de distintos sectores
Deste xeito, o primeiro grupo de traballo (Focus Group 1. “O río Miño coma recurso a potenciar”), celebrouse na xornada de hoxe, a partir das 9.30 horas (portuguesas) nos locais do Aquamuseu do Río Miño (Vila Nova de Cerveira).
A primeira reunión da axenda estratéxica contou cunha nutrida representación dos distintos sectores, institucións, asociacións e colectivos relacionados co río; coma Confederación Hidrográfica, Mariña, pescadores, clubs deportivos, asociacións ecoloxistas e membros dos gobernos municipais da zona, os cales trataron temas coma a promoción conxunta do territorio, elementos culturais comúns, natureza, medio ambiente, oferta turística, etc.
Neste primeiro grupo de traballo, os participantes debateron sobre temas de interese relacionados coa explotación sustentable do río e as súas perspectivas de futuro, sinalando a necesidade de coordinar as accións que se desenvolven dende os diferentes sectores e organismos, para un desenvolvemento máis equilibrado dos recursos naturais.
Vindeiros encontros
A segunda cita (Focus Group 2. “Mobilidade transfronteiriza e desenvolvemento territorial”), terá lugar o 20 de novembro ás 10.30 horas, no Centro Goianés (Goián. Tomiño).
O terceiro encontro (Focus Group 3. “Xestión compartida dos servizos públicos locais”) será o 27 de novembro, ás 9.30 horas, na Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira.
Finalmente, o día 4 de decembro, ás 10.30 horas, celebrarase o cuarto e último foro (Focus Group 4. “Desenvolvemento económico”), na Casa da Cultura de Tomiño.
O programa metodolóxico destes encontros ou “focus group” desembocará na celebración das I Xornadas Amizade Cerveira-Tomiño, no vindeiro mes de febreiro.
Máis información na web amizade-cerveira-tomino.eu ou enviando un correo a comunicacao@amizade-cerveira-tomino.eu