logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Tomiño e Cerveira poñen en marcha a 2ª edición da actividade transfronteiriza “Deporte/Desporto para Todos”, para persoas maiores de 55 anos
5 Outubro, 2016
Cerveira-Tomiño dinamizam “Desporto para Todos”
13 Outubro, 2016

Tomiño e Cerveira poñen en marcha un programa piloto para compartir servizos públicos

10 Outubro, 2016
Pingas de auga por notas de música

A iniciativa permitirá aos habitantes dos municipios limítrofes dispor dunha oferta atractiva e complementaria

Tomiño ofrecerá as escolas municipais de música e teatro, e Cerveira, a súa piscina climatizada

Máis de 20.000 habitantes dos municipios limítrofes de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, poderán beneficiarse do programa piloto “PINGAS DE AUGA POR NOTAS DE MÚSICA”, que ambos concellos están a por en marcha, no marco da AXENDA ESTRATÉXICA DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRZA CERVEIRA-TOMIÑO, presentada á primeira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal POCTEP-INTERREG VA .

Esta experiencia piloto foi presentada o pasado sábado, pola alcaldesa Sandra González e a concelleira de Cultura de Cerveira, Aurora Viaes, nun acto celebrado no Auditorio de Goián, coa presenza doutras autoridades municipais e membros da Agrupación Musical de Goián, que improvisaron un cumpleanos feliz para o seu novo director, Pedro Villarroel.

Intercambio

Segundo explicou a rexedora tomiñesa, esta experiencia piloto ‘Pingas de auga por notas de música’ se realiza sobre a oferta de dous servizos concretos xa existentes: a piscina municipal de Cerveira e as escolas de música e teatro de Tomiño, a un conxunto de 23.500 habitantes de ambos concellos.

Viaes, pola súa banda, salientou o valor de contar cunha oferta ampla e complementaria de servizos, sen gastar innecesariamente, e “crecendo en conxunto”.

Deste xeito, a veciñanza de Cerveira disporá a partir de agora, dunha oferta de ensino en materia de música e teatro, e a de Tomiño, dunha piscina climatizada. Ambas públicas.

“Os beneficiarios disporán de máis servizos, accesibles e asequibles; en especial, colectivos de persoas maiores, mozos e mozas en idade escolar, persoas con discapacidade, etc…”, explicou a alcaldesa Sandra González. Segundo comentou, estes colectivos gozarán de accións promocionais concretas para garantir ao seu acceso aos servizos compartidos. Nun futuro se elaborarán itinerarios singularizados por cada grupo, cos horarios mais idóneos para cada un, modos de transporte adaptado, monitores especializados, etc,

Ao mesmo tempo, os cidadáns poderán acceder á matricula de cada un dos equipamentos, nun lugar físico do seu propio concello, sen ter que desprazarse.

Nas próximas semanas, levaranse a cabo sendas campañas de difusión, a un e outro lado da fronteira, para informar á cidadanía das vantaxes do programa.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego