A AECT Río Miño esixe a aplicación efectiva de fondos europeos nas rexións de fronteira e compensacións financeiras para traballadores e empresas
4 Marzo, 2021O IV Simposio Internacional de Escultura do Miño celebrarase do 15 de setembro ao 4 de outubro en Goián
15 Marzo, 2021Tomiño participa compartindo a súa experiencia transnacional con Cerveira, nas xornadas “TecEuropa Local” da Fundación Galicia Europa
Un técnico especialista en proxectos europeos participou na sesión de hoxe para compartir a experiencia de cooperación transnacional da Eurocidade Cerveira-Tomiño
O Concello de Tomiño participa na XI edición das xornadas TecEuropa Local, destinada ás entidades locais galegas e organizadas pola Fundación Galicia-Europa, coa colaboración da Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021.
Este ano, coma xa sucedera o anterior, por mor da Covid-19, TecEuropa celebra a súa undécima edición enteiramente en streaming, entre o 4 e o 12 de marzo.
A directora da oficina en Bruxelas da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos, inaugurou as xornadas destinadas, nesta ocasión, ás entidades locais galegas.
Diante dun amplo grupo de máis de noventa participantes provenientes do catro deputacións galegas e de máis de medio centenar concellos, Ramos, animoulles a sacar o máximo partido desta actividade formativa para contribuír á xestión eficiente dos fondos de recuperación europeos na comunidade galega, agradecendo ademais a implicación de todos os niveis de goberno das administracións públicas; “algo fundamental para construír o ambicioso futuro verde e dixital proposto pola Unión”.
Ao longo de 5 xornadas, os asistentes abordan da man de especialistas comunitarios e de representantes da Comisión Europea, o período financeiro 21-27 e o instrumento temporal de recuperación “Next Generation UE” desde unha perspectiva local.
Na sesión do día 10 participou, entre outros, o técnico Xabier Macías, especialista en proxectos europeos, para compartir a experiencia de cooperación transnacional da Eurocidade Cerveira-Tomiño durante os últimos anos. Analizando a experiencia de xestión do proxecto POCTEP de cooperación transfronteiriza da Eurocidade Cerveira-Tomiño entre 2018 e 2020, Macías destacou “a calidade da alianza que sustenta o proxecto, baseada tanto na confianza, vontade política e estratexia compartidas como na capacidade de traballo conxunto dos socios do proxecto”.
Entre os resultados do mesmo, destacan iniciativas para a promoción da participación pública; para a mellora da oferta e da xestión de servizos compartidos e para a dinamización da economía local. O técnico salientou proxectos de envergadura coma o Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) ou a creación da figura pioneira das Valedoras Transfronteirizas.