logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas Culturais
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
✕
Primeiro confinamento e encerramento de fronteiras provocou uma perda de faturação superior a 92ME
O primeiro peche de fronteiras provocou unha perda de facturación superior a 92 millóns € nos concellos transfronteirizos de Galicia e Alto Miño
1 Marzo, 2021
Tomiño participa compartindo a súa experiencia transnacional con Cerveira, nas xornadas “TecEuropa Local” da Fundación Galicia Europa
Tomiño participa compartindo a súa experiencia transnacional con Cerveira, nas xornadas “TecEuropa Local” da Fundación Galicia Europa
11 Marzo, 2021

A AECT Río Miño esixe a aplicación efectiva de fondos europeos nas rexións de fronteira e compensacións financeiras para traballadores e empresas

4 Marzo, 2021
AECT Rio Minho exige aplicação efetiva de fundos europeus nas regiões de fronteira e compensações financeiras para trabalhadores transfronteiriços e empresas

Aquilo que naceu para ser unha acción reivindicativa pacífica conxunta entre os alcaldes dos municipios portugueses e galegos que constitúen a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) do Río Miño pasou a dous actos illados, en cada unhas das marxes da Ponte Internacional da Amizade entre Cerveira-Tomiño, pero coa mesma esencia: esixir aos gobernos de Portugal e de España que os fondos europeos sexan aplicados nas certas rexións de fronteira e sobre todo a creación de apoios para as poboacións e empresas afectadas polo peche de fronteiras.

“Ata para protestar pacificamente, esta estraña democracia crea dificultades”, comezou por dicir o director do AECT Río Miño. “Estamos aquí nunha rúa que é a Ponte da Amizade, e non podemos manifestar en conxunto as nosas necesidades comúns. Non quero facer comparacións, pero parece unha antiga rúa de Berlín. Non sei se é algunha estratexia na tentativa de dividirnos, pero están moi enganados porque estamos totalmente unidos no ámbito do AECT Río Miño”, proferiu Fernando Nogueira.

A acción procurou relembrar que “o mal está feito, con prexuízos calamitosos para esta rexión transfronteiriza”, e agora é urxente que os gobernos “deixen esta posición de teimosia”, avanzando con mecanismos compensatórios necesarios.

Descoordinación

A primeira reivindicación é a de que os “poucos fondos afetos ao Programa Interreg 2021-2027” sexan efectivamente aplicados nas rexións de fronteira. O director do AECT Río Miño di estar “estupefacto” porque, estando a terminar o período de consulta pública do Interreg Portugal-España, “só a Área Metropolitana de Lisboa e a Lezíria do Texo é que están fóra, de resto do país é considerado rexión fronteiriza, desde o Porto, a Coímbra, pasando por Sines. É un absurdo estar a desviar os fondos europeos das certas rexións de fronteira”. Fernando Nogueira afirmou existir “unha obvia descoordinación gobernamental entre Portugal e España, que non hai unha visión estratéxica común, e que o que pasou no última Cume Ibérica da Guarda non pasou dun efémero marketing político”.

Coa implementación dunha medida “claramente economicista” de non apertura de todos os puntos de paso terrestre entre ambos os países “soamente para axilizar a mobilidade daqueles que precisan de traballar atravesando a fronteira”, a segunda esixencia do AECT Río Miño pasa por compensar financeiramente aos traballadores transfronteirizos e ás empresas “polos enormes prexuízos causados”. “Neste momento xa se pode comezar a falar non só de compensacións, pero antes de indemnizacións estamos a falar de responsabilidade directa dos Estados na imputación de custos extraordinarios aos traballadores transfronteirizos e ás empresas”, asegurou Fernando Nogueira.

25.000 afectados

Unha das principais conclusións do estudo solicitado polo AECT Río Miño á Universidade de Vigo, realizado polo profesor Xabier Cobas, o primeiro confinamento e peche de fronteiras, ocorrido entre 17 de marzo e 30 de xuño de 2020, provocou unha perda de facturación superior a 92 millóns de euros nos 26 concellos do territorio transfronteirizo. Esta medida afectou cerca de 25.000 persoas en toda a Eurorrexión Norte de Portugal-Galiza e 10.000 nos distritos de Pontevedra-Viana do Castelo. Atendendo a un tempo medio de espera de 15 minutos na ida e outros 15 na volta (valor considerado moi conservador debido ás longas filas detetadas), e sabendo que no primeiro peche pasaron polo control 356.000 persoas, a economía desta rexión transfronteiriza perdeu 180.000 horas efectivas.

Novas relacionadas

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música
27 Marzo, 2023

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música


Ler máis
Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’
15 Marzo, 2023

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’


Ler máis
As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”
10 Marzo, 2023

As novas Valedoras Transfronteirizas queren rachar con burocracias “incoherentes”


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03

Galego
  • Português
  • Galego