
A Eurocidade, nunha publicación internacional sobre a contribución dos orzamentos participativos á redución dos efectos do cambio climático
9 Setembro, 2020
A Eurocidade e o Consorcio de Bidasoa Txingudi comparten experiencias sobre cooperación transfronteiriza
21 Setembro, 2020A Comisión Europea fai unha consulta pública sobre a superación de obstáculos transfronteirizos

Pide a colaboración das institucións e cidadanía para encher unha enquisa online. Estará aberta ata o 11 de outubro.
A Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea (DG REGIO) ten en marcha unha nova consulta pública centrada na superación dos obstáculos aínda existentes nas rexións transfronteirizas. Deste xeito, a Comisión Europea pide a colaboración das institucións e da cidadanía para coñecer a realidade das diferentes zonas fronteirizas e poder así marcar o camiño en materia de cooperación transfronteiriza dos vindeiros anos.
O obxectivo é facer balance e actualizar a ‘Cross-Border Review’ realizada pola DG Regio en 2015 e que deu lugar a todo un traballo de apoio para solucionar obstáculos da cooperación transfronteiriza, do que son un exemplo os proxectos B-Solution. Trátase de obter unha visión xeral completa dos logros acadados nos últimos anos e daquelas barreiras restantes que continúan obstaculizando unha interacción fluída entre as rexións. Ademais, esta enquisa permitirá achandar o camiño para propoñer recomendacións construtivas sobre a política futura para estas rexións.
A consulta pode encherse premendo aquí ata o 11 de outubro de 2020.