logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2logos-eurocidade-version-2
  • Proxecto
  • Eurocidade
    • Cerveira/Tomiño
    • Axenda Estratéxica
    • Parque da Amizade
    • Documentación
    • About us
  • Participación
    • OPT
    • Valedoras
  • Servizos
    • Servizos Compartidos
    • Actividades
    • Axendas de actividades
    • Cerveira – Tomiño Online
  • Economía
  • Novas
  • Contacto
Galego
  • Português
O xurado preselecciona tres propostas para a creación da mascota do Festival Infantil Aventura Na Terra da Amizade
O xurado preselecciona tres propostas para a creación da mascota do Festival Infantil ‘Aventura Na Terra da Amizade’
28 Agosto, 2020
A Comisión Europea fai unha consulta pública sobre a superación de obstáculos transfronteirizos
A Comisión Europea fai unha consulta pública sobre a superación de obstáculos transfronteirizos
15 Setembro, 2020

A Eurocidade, nunha publicación internacional sobre a contribución dos orzamentos participativos á redución dos efectos do cambio climático

9 Setembro, 2020
A Eurocidade, nunha publicación internacional sobre a contribución dos orzamentos participativos á redución dos efectos do cambio climático

Trátase dun estudo do International Observatory on Participatory Democracy (OIDP) realizado polo experto Yves Cabannes coa colaboración de 15 rexións e cidades de todo o mundo.

 

A Eurocidade Cerveira Tomiño segue a achegar o seu gran de area en temas de vital importancia para a poboación, como o cambio climático. Nesta ocasión fíxoo colaborando co International Observatory on Participatory Democracy (OIDP) na elaboración dunha publicación internacional sobre as contribucións dos procesos de orzamento participativo á adaptación e mitigación dos efectos do quecemento global, unha valiosa ferramenta de análise e coñecemento para mellorar a forma na que os gobernos locais enfrontan o desafío do cambio climático.

O estudo foi realizado por Yves Cabannes, activista especializado en gobernanza urbana e municipal e profesor emérito de Planificación do Desenvolvemento no University College London (UCL), coa colaboración de 15 rexións e cidades de todo o mundo. O resultado é unha das poucas investigacións que explora a relación entre a redución dos efectos do quecemento global e os orzamentos participativos, unha forma de toma de decisións que involucra activamente á cidadanía.

Cabannes baseouse nos resumos, intercambios e contribucións de dúas sesións internacionais celebradas en México e Abu Dhabi e nas iniciativas de orzamento participativos da Eurocidade Cerveira-Tomiño xunto con outras iniciativas de España, Portugal, Rusia, Francia, Ecuador, Senegal, Congo, Taiwán, Mozambique, México, Indonesia e Camerún, que documentaron as súas respectivas experiencias.

O obxectivo principal do informe é amosar o que está a suceder actualmente nas cidades participantes, recompilar e presentar datos sólidos e dar pé a reflexionar sobre o grao no que os orzamentos participativos contribúen a esa loita contra o cambio climático, como o fan e os desafíos actuais aos que se enfrontan. Tamén busca avaliar a natureza e a importancia desas contribucións, destacar as innovacións realizadas, crear e fortalecer unha comunidade que comparta o coñecemento xerado e avogar pola elaboración de presupostos participativos relacionados co clima e concienciar sobre o seu enorme potencial para axudar os dramáticos impactos que o cambio climático ten na vida de millóns de persoas.

Para este estudo, Cabannes analizou arredor de 4.400 proxectos de orzamentos participativos desenvolvidos ao longo dos tres últimos anos, entre os que se identificaron 923 proxectos enfocados á mitigación dos efectos do cambio climático. Tendo en conta a diferenza de cifras entre unha rexión e outra dependendo do seu tamaño, o experto dividiunas en catro grupos en función do número de proxectos financiados polos orzamentos participativos.

Nesta realidade, a Eurocidade aparece coa implementación de 4 proxectos en 2018 e 2019 nos que, malia traballar comparativamente cun orzamento moi pequeno e cun número limitado de proxectos, o experto destaca as iniciativas enmarcadas na categoría de sensibilización e educación sobre o cambio climático, que no caso de Cerveira e Tomiño estaban centradas en actividades artísticas e medioambientais para a poboación infantil de ambos municipios.

O documento, actualmente soamente dispoñible en inglés, foi publicado polo OIDP-UCLG xunto con Enda ECOPOP, FMDV, o Fondo Mundial para o Desenvolvemento das Cidades, a Fundación Kota Kita e o University College of London.

Share this...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Pin on Pinterest
Pinterest
Share on LinkedIn
Linkedin
Email this to someone
email

Novas relacionadas

5 Xaneiro, 2021

Cerveira e Tomiño promoven unha nova edición do Simposio Internacional de Escultura do Miño


Ler máis
O AECT busca unificar os criterios da Xunta e do goberno luso para actuar no espazo 'Rede Natura 2000' do río Miño
20 Novembro, 2020

O AECT busca unificar os criterios da Xunta e do goberno luso para actuar no espazo ‘Rede Natura 2000’ do río Miño


Ler máis
A aposta pola conexión ferroviaria e polo protagonismo dos territorios da fronteira marcan as II Xornadas da Amizade
11 Novembro, 2020

Infraestruturas e fluidez nas relacións diarias, claves para a cohesión dos territorios transfronteirizos


Ler máis


Avisos Legais
Política de privacidade
Política de cookies


Praça do Município
4920-284 Vila Nova de Cerveira
Portugal


+351 251 708 020
cerveira@eurocidadecerveiratomino.eu



Praza do Seixo, 1
36740 – Tomiño (Pontevedra)
España


+34 986 62 20 01/02/03
tomino@eurocidadecerveiratomino.eu

Galego
  • Português
  • Galego
Esta páxina utiliza testemuños e outras tecnoloxías para que poidamos mellorar a súa experiencia no noso sitio:AceptarRexeitarMáis información