O ourensán Antonio Lorenzo Guisado gaña o primeiro premio do X Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández
23 Agosto, 2022A EurocidadeCerveira-Tomiño debate en Lituania sobre os obstáculos legais para a mobilidade transfronteiriza cotiá
14 Setembro, 2022A Eurocidade Cerveira-Tomiño convértese en vila olímpica
Máis de 300 persoas participan nas olimpíadas senior ‘Olympics4All’, coas que se fomenta a práctica deportiva entre as e os maiore, reforzando o intercambio social e cultural
A Eurocidade presenta ao único equipo transfronteirizo da competición, integrado por deportistas de Cerveira e Tomiño
A Eurocidade Cerveira-Tomiño convértese estes días nunha gran vila olímpica. Hoxe arrancou en Vila Nova de Cerveira unha nova edición das olimpíadas sénior ‘Olympics4All’, uns encontros anuais que teñen por obxectivo promover a práctica deportiva das persoas maiores, reforzando o intercambio social e cultural entre os máis de 300 participantes de 10 municipios do Alto Miño. Entre eles, un equipo integrado por deportistas de Tomiño e Cerveira, o único equipo transfronteirizo da competición.
“Para nós é un orgullo traballar nun proxecto que fomenta a actividade deportiva saudable, controlada e adaptada, pero que tamén tece lazos de unión entre os concellos do río Miño transfronteirizo”, explica a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, durante o acto inaugural destas xornadas que se disputarán ata o vindeiro 9 de setembro.
Pola súa banda, o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, destacou que “é unha honra recibir ás comitivas de todos os municipios do Alto Miño e dar inicio a estas olimpíadas. Un evento que representa unha contribución indudable para o incremento da práctica do exercicio físico na poboación sénior”.
Cada concello participante preséntase cun equipo preparado grazas á implementación dun programa de adestramentos semanais que leva ás e aos atletas sénior a practicar dende atletismo ou voleibol ata baloncesto, natación, fútbol ou xogos tradicionais, como petanca ou corda.
O proxecto
Financiado polo programa Erasmus +Sport, o proxecto deu o pistoletazo de saída a un proxecto internacional que buscaba afondar nos factores que motivan ás persoas de maior idade a practicar deporte, o In Common Sports. En 2021, co nome de In Common Sports + Fit, Food and Fun for Elderly! O proxecto pasa a contar coa participación do Instituto Público de Deportes esloveno coa integración dunha nova liña de análise enfocada á nutrición. Replicado en seis países socios (España, Portugal, Italia, Eslovenia, Humgría e Bulgaria) dunha nova candidatura, In Common Sports+ conta con máis de 450 atletas que participan nos adestramentos semanais.